Actualidade

Ex., 23-12-2024
Ex., 23-12-2024
Venres, 16 de setembro de 2022
Ames Radio abre unha nova convocatoria de Radio Cidadá

Ames Radio pon un ano máis os seus micrófonos a disposición da cidadanía para a elaboración de programas de radio. Calquera persoa, asociación ou entidade pode presentar os seus proxectos desde hoxe e até o día 30 de setembro enviando a ficha de solicitude ao correo electrónico radio@concellodeames.gal. Aceptaranse proxectos presentados por entidades, asociación ou persoas non empadroadas no concello sempre que as súas propostas resulten de interese para o municipio amesán ou estean protagonizadas por persoas residentes, nadas ou que traballen en Ames. Cada proxecto deberá ser presentado por unha persoa coordinadora que deberá ter un mínimo de 18 anos de idade. Pódense consultar todos os detalles nas bases que regulan a Radio Cidadá neste enlace.

Xoves, 03 de febreiro de 2022
Cartaz da EDUSI Impulsa Ames

O proxecto enmárcase no Programa Operativo Plurirexional de España 2014-2020. O presuposto da licitación ascende a 111.269,75 euros (IVE incluído) e realizarase por procedemento aberto simplificado. O contrato será cofinanciado ao 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e ao 20% polo Concello de Ames. Na operación inclúese o desenvolvemento de todas as accións publicitarias e de comunicación necesarias para facer chegar á cidadanía información sobre as operacións da Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado “Impulsa Ames” no marco do Programa Operativo FEDER 2014-2020. O expediente de licitación pódese consultar na plataforma de contratación do sector público. O prazo de presentación de ofertas remata o 17 de febreiro.

Venres, 21 de xaneiro de 2022
Exército Mekemeke (Miguel, Carlos e Xabi)

Logo dun breve paréntese por mor das festas de Nadal, a radio municipal retomou a emisión dos programas radiofónicos realizados pola veciñanza. Así, xa podemos seguir escoitando os 12 programas que forman parte da grella de Ames Radio ata o próximo mes de xuño. Neles, abórdanse temas tan diversos como a o patrimonio histórico e cultural do concello, saúde, arte ou a divulgación de coñecementos culturais e musicais. Por mor de causas laborais e de saúde, houbo catro propostas máis que non puideron incorporarse á grella de emisión, como nun principio estaba previsto.

Martes, 04 de xaneiro de 2022
Sigue a canle oficial de Telegram do Concello de Ames para recibir avisos e información da actualidade municipal

O Concello de Ames ten presenza nas principais redes sociais e conta con diversas canles de comunicación e sistemas de avisos, co fin de que a veciñanza coñeza a actividade municipal e a súa actualidade. Unha delas é a canle de Telegram @concellodeames, que permite recibir notificacións das últimas novidades do Concello en dispositivos móbiles e ordenadores. Os envíos de avisos tamén se realizan a través  de RSS e boletíns por correo, con máis de 1.200 persoas subscritas. Ademais, os perfís sociais do municipio continúan crecendo, con 7.000 “gústames” en Facebook e con máis de 2.000 seguidores e seguidoras en Twitter e Instagram. Toda a actualidade e a axenda de Ames publícase a diario na páxina web oficial www.concellodeames.gal, que recolle unha lista con todos os medios de comunicación municipais.

Xoves, 28 de outubro de 2021
Ames Radio xa ten a súa propia páxina web

O Concello de Ames presentou esta mañá a nova canle de comunicación coa cidadanía amesradio.gal. Esta radio á carta nace coa vontade de estar presente e, dun xeito, máis accesible no día a día dos amesáns e das amesás. Os ouvintes poderán nun só clic acceder aos contidos que conforman a programación da radio local, consultar a axenda ou participar coas súas preguntas ou suxestións. Ames Radio dá coa creación deste servizo de radio á carta “un gran paso” como expresaba a concelleira de Comunicación, Natividade González.

Mércores, 01 de setembro de 2021
Ames Radio abre unha nova convocatoria de Radio Cidadá

Ames Radio pon un ano máis os seus micrófonos a disposición da cidadanía para a elaboración de programas de radio. Calquera persoa, asociación ou entidade pode presentar os seus proxectos desde hoxe e até o día 21 de setembro enviando a ficha de solicitude ao correo electrónico radio@concellodeames.gal. Esta tempada, por mor da situación sanitaria que estamos padecendo, e aínda que nos proxectos poderán participar até cinco persoas, só poderán acudir á emisora dúas por programa, será obrigatorio o uso de máscara nas instalacións e o mantemento da distancia de seguridade. A emisora municipal pola súa banda garante as condicións hixiénico sanitarias nos procesos de gravación.

Xoves, 28 de xaneiro de 2021
Imaxe da web municipal

A totalidade de veciños e veciñas de Ames que responderon á enquisa sobre a web municipal, afirmaron coñecer a páxina do Concello de Ames. O 45% dos enquisados accede semanalmente a ela  e o 27%, diariamente. 25 dos participantes declárase satisfeitos a niveis xerais co sitio concellodeames.gal, mentres que 8, moi satisfeitos. Non obstante, 17 persoas están insatisfeitas coa páxina web. En canto aos apartados,  as seccións de avisos e de actualidade son as máis valoradas. Ademais, a actualización dos contidos publicados e a súa utilidade foron os aspectos cos que a veciñanza está máis satisfeita,199 e 192 puntos cada un, sendo 275 a puntuación máxima que se podería acadar. O 60% dos enquisados consideran a páxina web do Concello a fonte máis veraz.

Mércores, 02 de decembro de 2020
Carme Rey

Preto de 16.000 persoas alcanzadas e máis 3.000 interaccións tiveron os 16 vídeos que durante o mes de novembro emitiu a canle de facebook da radio municipal de Ames. Os autores e autoras premiadas na XV edición do Certame Literario de Ames puxéronse diante da cámara para compartir coa veciñanza os seus textos. Ademais, coincidindo co día no que se daba a coñecer cada obra na rede, o xornalista de Ames Radio, Juan Luís Silva, entrevistou no magazine local “Somos Ames” aos galardoados e galardoadas. Todos os vídeos pódense ver na canle de facebook de Ames Radio.

Sábado, 31 de outubro de 2020
Estudio de Ames Radio

Os 18 gañadores das distintas categorías de narrativa e poesía serán entrevistados a partir do luns, 2 de novembro de 2020, polo xornalista Juan Luis Silva na radio municipal do concello. As conversas poderán escoitarse no 107.2 da FM ou a través da páxina web municipal entre as 12:30 e as 13:30 horas na revista informativa “Somos Ames” . O espazo poderá escoitarse tamén na remisión do programa das 20:30 horas. Paralelamente, a canle de Facebook da radio municipal emitirá vídeos dos textos premiados lidos polos propios autores e autoras.

Luns, 19 de outubro de 2020
Convocatoria Radio Cidadá 2020-2021

Ames Radio pon un ano máis os seus micrófonos a disposición da cidadanía para a elaboración de programas de radio. Calquera persoa, asociación ou entidade pode presentar os seus proxectos desde hoxe e até o día 30 de outubro enviando a ficha de solicitude ao correo electrónico a radio@concellodeames.gal. Esta tempada, por mor da situación sanitaria que estamos padecendo, e aínda que nos proxectos poderán participar até cinco persoas, só poderán acudir á emisora dúas por programa, será obrigatorio o uso de máscara nas instalacións e o mantemento da distancia de seguridade. A emisora municipal pola súa banda garante as condicións hixiénico sanitarias nos procesos de gravación.