Actualidade

Ex., 22-12-2024
Ex., 22-12-2024
Venres, 13 de decembro de 2024
Ames continúa sendo o Concello máis transparente de Galicia con 106 de 162 indicadores publicados

O portal de observación social de ética e transparencia pública Dyntra continua situando ao Concello de Ames como a institución municipal máis transparente de Galicia, e colócao no posto número 72 de España. O Concello conta con 106 indicadores publicados dos 162 que recolle Dyntra, alcanzando así unha porcentaxe do 65,43% no índice DAM (Dyntra Ayuntamientos y Municipios), que inclúe aos municipios de máis de 15.000 habitantes. O Concello de Ames mellora resultados respecto ao pasado mes de marzo pasando do 63,58% ao 65,43% no índice DAM. A avaliación recolle seis apartados, nos cales Ames obtén as seguintes puntuacións: 73,85% en transparencia municipal; 69,70% en participación e colaboración cidadá; 51,85% en transparencia económica-financeira; 50% en contratacións de servizos; 65% en urbanismo e obras públicas e 0% en Open Data.

Sábado, 19 de outubro de 2024
Teresa & Cia, programa dirixido por Teresa Abalde

A radio municipal de Ames, Ames Radio, comezou a emitir este pasado martes, 15 de outubro, os programas enmarcados no proxecto Radio Cidadá, unha iniciativa que busca convidar á veciñanza a crear os seus propios espazos radiofónicos. Este ano hai quince programas, que formarán parte da grella de Ames Radio ata mediados do próximo mes de xuño. Nove deles xa foron emitidos en edicións pasadas, pero seis son de nova incorporación. Nos diversos espazos abórdanse temas como a música, historia, protocolo, benestar físico e emocional, mundo dixital, saúde, natureza e integración. Ademais, hai programas sobre a prensa rosa, repaso da actualidade e da sociedade, de consultorio, volta ao pasado e sobre mulleres silenciadas ao longo da historia.

Martes, 10 de setembro de 2024
Ames Radio abre unha nova convocatoria de Radio Cidadá

Ames Radio pon un ano máis os seus micrófonos a disposición da cidadanía para a elaboración de programas de radio. Calquera persoa, asociación ou entidade pode presentar os seus proxectos desde hoxe e ata o día 30 de setembro enviando o impreso de solicitude ao correo electrónico radio@concellodeames.gal. Aceptaranse proxectos presentados por entidades, asociacións ou persoas non empadroadas no concello, sempre que as súas propostas resulten de interese para o municipio amesán ou estean protagonizadas por persoas residentes, nadas ou que traballen en Ames. Cada proxecto deberá ser presentado por unha persoa coordinadora que deberá ter un mínimo de 18 anos de idade. Pódense consultar todos os detalles nas bases que regulan a Radio Cidadá premendo nesta ligazón.

Luns, 11 de marzo de 2024
O Concello de Ames suma unha canle de WhatsApp as súas vías de comunicación

O Concello de Ames ten presenza nas principais redes sociais e conta con diversas canles de comunicación e sistemas de avisos co fin de que a veciñanza coñeza a actividade e a actualidade municipal. A partir deste martes, 12 de marzo, sumará ás súas vías de comunicación unha canle de WhatsApp. Este novo servizo vai permitir que todas as novas relacionadas coa institución, a axenda de ocio do concello ou os avisos relevantes de última hora se transmitan de forma instantánea ao teléfono móbil das persoas que así o desexen.

Xoves, 07 de marzo de 2024
O Concello conta con 103 indicadores publicados dos 162 que recolle Dyntra, alcanzando así unha porcentaxe do 63,58% no índice DAM (Dyntra Ayuntamientos y Municipios)

O portal de observación social de ética e transparencia pública Dyntra sitúa ao Concello de Ames como a institución municipal máis transparente de Galicia, e colócao no posto número 88 de España. O Concello conta con 103 indicadores publicados dos 162 que recolle Dyntra, alcanzando así unha porcentaxe do 63,58% no índice DAM (Dyntra Ayuntamientos y Municipios), que inclúe aos municipios de máis de 15.000 habitantes. A avaliación recolle seis apartados, nos cales Ames obtén as seguintes puntuacións: 69,23% en transparencia municipal; 54,55% en participación e colaboración cidadá; 55,56% en transparencia económica-financieira; 75% en contratacións de servizos; 65% en urbanismo e obras públicas e 0% en Open Data.

Martes, 28 de novembro de 2023
"Milladoiro ao día" é un dos novos programas desta tempada

A radio municipal de Ames, Ames Radio, comezou a emitir a mediados de novembro os programas enmarcados no proxecto Radio Cidadá, unha iniciativa que busca convidar á veciñanza a crear os seus propios espazos radiofónicos. Este ano hai quince programas, que formarán parte da grella de Ames Radio  ata mediados do próximo mes de xuño. Dez deles xa foron emitidos en edicións pasadas, pero cinco son de nova incorporación. Nos diversos espazos abórdanse temas como a música, economía, historia ou o benestar, entre outros.

Luns, 18 de setembro de 2023
Cartaz da convocatoria de radio cidadá 2023

Ames Radio pon un ano máis os seus micrófonos a disposición da cidadanía para a elaboración de programas de radio. Calquera persoa, asociación ou entidade pode presentar os seus proxectos desde hoxe e ata o día 13 de outubro enviando a ficha de solicitude ao correo electrónico radio@concellodeames.gal. Aceptaranse proxectos presentados por entidades, asociacións ou persoas non empadroadas no concello, sempre que as súas propostas resulten de interese para o municipio amesán ou estean protagonizadas por persoas residentes, nadas ou que traballen en Ames. Cada proxecto deberá ser presentado por unha persoa coordinadora que deberá ter un mínimo de 18 anos de idade. Pódense consultar todos os detalles nas bases que regulan a Radio Cidadá premendo nesta ligazón.

Venres, 23 de xuño de 2023
Os compoñentes do Exército Mekemeke, programa da radio cidadá

A pasada semana pechouse a sexta edición da radio cidadá, unha iniciativa na grella da emisora municipal, Ames Radio, que naceu co obxectivo de invitar á veciñanza do concello e da contorna a contar cun espazo radiofónico propio. Nesta convocatoria, que deu comezo na última semana de outubro e que se desenvolveu ao longo de oito meses, presentáronse un total de trece programas (dos cales dez xa foran emitidos en edicións pasadas, mentres que outros tres son de nova incorporación). Neles abordáronse diversos temas, como a música, a saúde ou a economía.

Luns, 15 de maio de 2023
Cartaz do debate electoral

Seis das sete forzas políticas que concorren ás eleccións municipais do próximo 28 de maio daranse cita no debate electoral que Ames Radio organiza este martes, 16 de maio, ás 19:00 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro. As cabezas de lista e candidatas a alcaldía de Ames, Blas García (PSdeG – PSOE); Oliva Agra (Partido Popular); David Santomil (BNG); Vanessa Vidal (Podemos); Luísa Feijóo (Espazo Común); e Andres Pena (VOX), confirmaron a súa presenza nun debate que será retransmitido por Ames Radio e tamén en streaming a través da canle de Youtube do Concello de Ames. O debate será aberto ao público en xeral. O candidato de Unión de Cidadáns Independentes (UCIN) declinou a invitación de Ames Radio a participar no mesmo.

Martes, 03 de xaneiro de 2023
A canle oficial de Telegram do Concello é a maneira máis rápida de coñecer as novas e avisos

O Concello de Ames ten presenza nas principais redes sociais e conta con diversas canles de comunicación e sistemas de avisos, co fin de que a veciñanza poida coñecer a actividade municipal e a súa actualidade. Unha delas é a canle de Telegram @concellodeames, que permite recibir notificacións das últimas novidades do Concello en dispositivos móbiles e ordenadores. Os envíos de avisos tamén se realizan a través das redes sociais e de boletíns electrónicos, aos que están subscritos 1.140 persoas. Os perfís sociais institucionais tamén continúan crecendo, con máis de 9.300 seguidores en Facebook, de 3.700  en Instagram e de 2.200 en Twitter. Toda a actualidade e a axenda de Ames publícase a diario na páxina web oficial www.concellodeames.gal, que recolle unha lista con todos os medios de comunicación municipais.