Actualidade

O departamento de Xuventude organiza para o mes de novembro unha nova actividade para a mocidade amesá e para familias e persoas en xeral con perfís profesionais educativos ou do tempo libre. Desta volta, organiza un curso de formación en comunicación non violenta denominado Falarnos Bonito, que se vai desenvolver o 30 de novembro, de 11.00 a 13.00 horas, no Pazo da Peregrina. Trátase dunha actividade de balde, pero para participar hai que inscribirse enviando ata o 27 de novembro o impreso de inscrición ao enderezo xuventude@concellodeames.gal.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Mocidade e a Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA), organiza a segunda edición da Xincana Xove “Percorrendo Ames 2024”. Tratase dunha iniciativa composta por diversas probas para que a mocidade explore o concello e o coñeza de xeito participativo e divertido. O acto de presentación tivo lugar esta mañá na Casa do Concello. A actividade está dirixida a mozos e mozas entre os 14 e os 30 anos de calquera concello de Galicia, que deberán competir en equipo de tres mozos/as. As inscricións poderán facerse a través deste formulario web.

Dende ás 11.00 horas de hoxe, 6 de novembro, e ata as 11:00 horas do venres, 8 de novembro, está aberto o prazo para votar a través de Instagram polos vídeos presentados ao concurso Galetiktokers, unha iniciativa dos departamentos de Xuventude e Normalización Lingüística do Concello de Ames, que pretende estimular a creatividade da rapazada animando á creación audiovisual en galego. Nesta quinta edición presentáronse 39 vídeos, realizados por arredor de 80 mozos/as de Ames e doutras localidades de Galicia. Nesta edición participou alumnado de centros de ensino de Bertamiráns, Lugo e Vilagarcía de Arousa, entre outras localidades. Premendo nesta ligazón pódense consultar as bases ao completo do V Certame Galetiktokers.

A Concellería de Mocidade oferta unha nova edición do curso gratuíto de primeiros auxilios, que se impartirá o sábado 23 de novembro. A actividade, que terá lugar na no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, en horario de 9:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas, está dirixida preferentemente a persoas empadroadas entre os 14 e 30 anos cumpridos. Ofértanse 20 prazas. O prazo para presentar as solicitudes de inscrición comeza o 6 de novembro e estará aberto ata o día 13. Premendo nesta ligazón podes obter a ficha de inscrición.

A Concellaría de Mocidade ten programada para o domingo 17 de novembro unha nova actividade do programa Trouleando dirixida a mozos/as de Ames. Neste caso, organizouse unha xornada no Karting Marineda da Coruña, o circuíto indoor más grande de Galicia. O prazo para inscribirse nesta actividade estará aberto do 30 de outubro ao 5 de novembro. Para inscribirse hai que enviar a ficha cuberta ao enderezo xuventude@concellodeames.gal. As prazas son limitadas, e cubriranse por orde de chegada das inscricións. Esta actividade é de balde e está organizada polo departamento de Xuventude.

A Concellaría de Mocidade conta cun programa de accións formativas, de carácter non formal, que busca facilitar á mocidade amesá os recursos e ferramentas necesarias para favorecer o emprendemento, a creatividade e as perspectivas de futuro. Dentro deste programa, denominado Lidera2, vaise realizar unha xornada informativa sobre emprendemento e emprego xuvenil. Para inscribirse é necesario enviar un correo electrónico ao enderezo xuventude@concellodeames.gal.

A Concellaría de Mocidade continua apostando pola formación da mocidade en comunicación en lingua de signos. Deste xeito, convocou un novo curso de lingua de signos (LSE) para a poboación moza. A formación impartirase nos meses de outubro e novembro na Casa da Cultura do Milladoiro. Para participar, é imprescindible ter superada e acreditada a formación en LSE nivel A1.1. As persoas interesadas en inscribirse poden facelo enviando este impreso debidamente cuberto e asinado ao enderezo electrónico xuventude@concellodeames.gal ata o 22 de setembro. As prazas son limitadas.

A Concellaría de Mocidade continua apostando pola formación da mocidade en comunicación en lingua de signos. Deste xeito, convoca un novo curso de lingua de signos (LSE) para a poboación moza. A formación impartirase nos meses de outubro e novembro na Casa da Cultura do Milladoiro. Para participar, é imprescindible ter superada e acreditada a formación en LSE nivel A1.1. As persoas interesadas en inscribirse poden facelo enviando este impreso debidamente cuberto e asinado ao enderezo electrónico xuventude@concellodeames.gal entre o 17 e o 22 de setembro. As prazas son limitadas.

Este martes, 30 de xullo, ás 20.00 horas, o campo da festa de Biduído acolle unha nova sesión da cuarta edición dos “Seráns de Ames”. A iniciativa, que se desenvolve durante os meses de xullo e agosto, acolle nesta ocasión un concerto do grupo SR. Salvaje. Este concerto estaba previsto inicialmente para o xoves 11 de xullo, pero houbo que adialo por choiva. Premendo nesta ligazón podes consultar o cartel ao completo dos “Seráns de Ames 2024”.

O Concello de Ames dispón dun local municipal onde os grupos musicais do concello poden ensaiar. Trátase de A Factoría, que está situada na parroquia de Biduído. Na actualidade, ata o 15 de xullo, está aberto o prazo para que os músicos e músicas de Ames, que xa empregan estas instalación, poidan renovar a solicitude de uso do local municipal A Factoría. O horario de ensaio do local para todos os días da semana é de 10.00h a 22.00 horas, sempre e cando non interfira en actividades organizadas polo propio Concello. Os grupos dispoñen de ata tres horas consecutivas á semana para ensaiar. Na actualidade, 14 agrupacións musicais fan uso destas instalacións, que pouco a pouco a través de varias melloras, vai aumentando a demanda de novos usuarios/as. Durante o último trimestre de 2023 realizáronse melloras nas instalacións e adquiriuse novo equipamento. En ditas melloras investíronse 17.797,04 euros.
- ‹ anterior
- 2 de 15
- seguinte ›