Actualidade

O Teatro Colón da Coruña acollerá este vindeiro domingo 6 de abril, ás 18.00 horas, a gala final da oitava edición do concurso de música infantil e xuvenil “Quero cantar”, organizado pola Deputación da Coruña. Entre as finalistas, atópanse as amesás Emma Pérez e Candela Caamaño, alumnas da Escola Municipal de Música de Ames e que foron escollidas entre as tres mellores propostas desta edición na categoría xuvenil coa súa canción “Preto de ti”. Os convites para asistir á gala son gratuítos e poderán retirarse nas vindeiras xornadas a través da páxina web www.ataquilla.com.

A Escola Municipal de Música de Ames continúa coa súa programación de actividades enmarcadas dentro da celebración do 20º aniversario da escola. Desta volta, coa realización dun obradoiro de batucada que se desenvolverá ao longo dos días 15, 22 e 29 de marzo, en horario de 11.00 a 13.00 horas. Hai 25 prazas dispoñibles e terá preferencia para apuntarse o alumnado da Escola de Música maior de 8 anos. Con todo, no caso de quedar prazas libres, poderá participar calquera persoa interesada. Para inscribirse é preciso enviar a ficha de inscrición cuberta, que se pode descargar na seguinte ligazón, ao enderezo electrónico escolademusica@concellodeames.gal.

O alumnado da Escola Municipal de Música de Ames organiza, como vén sendo habitual, unha serie de actuacións para celebrar o Entroido. O primeiro dos concertos será “Entroido Miúdo” o vindeiro mércores 26 de febreiro, ás 19.00 horas, na Casa da Cultura de Bertamiráns, no que actuarán diferentes agrupacións infantís e xuvenís da escola. Por outra banda, o venres 28 de febreiro, ás 19.30 horas, tamén na Casa da Cultura de Bertamiráns, terá lugar o festival de Entroido da EMMA, onde os combos e agrupacións adultas interpretarán diferentes pezas musicais. En total, participarán arredor de 150 alumnos e alumnas en ámbolos dous recitais. Xa se poden adquirir os convites na Billeteira Electrónica do Concello de Ames.

O vindeiro sábado 15 de febreiro, ás 19.00 horas, o auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro acollerá o concerto de música clásica “En clave clásica”. O espectáculo estará interpretado e dirixido polos artistas do Centro Superior de Música de Galicia, tutelados polo mestre Boris Perrenoud, director da Wiener Músikakademie. Os convites poden retirarse na Billeteira electrónica do Concello de Ames.

Desde o luns 9 de decembro, e ata o vindeiro día 3 de xaneiro, estará aberto un prazo de inscrición extraordinario da Escola Municipal de Música de Ames, a EMMA, de cara ao curso 2024-2025. A inscrición poderase realizar a través da Sede electrónica do Concello de Ames ou nas oficinas de asistencia en materia de rexistro do Concello de Ames (O Milladoiro e Bertamiráns). O alumnado que obteña praza nesta convocatoria extraordinaria, comezaría as clases a semana do 8 de xaneiro de 2025. Para máis información pódese premer nesta ligazón.

Este sábado, 19 de outubro, ás 19:00 horas, terá lugar no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns o concerto de música clásica “En clave clásica”. A velada contará coa interpretación e dirección dos artistas do Centro Superior de Música de Galicia, tutelados polo mestre Boris Perrenoud, director da Wiener Musikakademie. Os convites poden retirarse a través da Billeteira electrónica.

O vindeiro sábado 19 de outubro, ás 19:00 horas, terá lugar no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns o concerto de música clásica “En clave clásica”. A velada contará coa interpretación e dirección dos artistas do Centro Superior de Música de Galicia, tutelados polo mestre Boris Perrenoud, director da Wiener Musikakademie. Os convites poden retirarse a través da Billeteira electrónica.

A Escola Municipal de Música de Ames mantén abertas as inscricións para a materia de música e movemento de cara ao curso 2024-2025. Ao ser un prazo extraordinario, estas prazas cubriranse por orde de entrada en rexistro, da solicitude correspondente. As persoas que estean interesadas en participar na materia de música e movemento poderán anotarse cubrindo o impreso de inscrición e enviándoo a través da Sede electrónica do Concello ou entregándoa nos rexistros municipais. As clases na Escola Municipal de Música de Ames comezan o luns 16 de setembro.

Desde o luns 2 de setembro, e ata o vindeiro día 6, estará aberto o prazo de inscrición extraordinario da Escola Municipal de Música de Ames, a EMMA, de cara ao curso 2024-2025. A inscrición poderase realizar a través da Sede electrónica do Concello de Ames, ou ben de xeito presencial nos rexistros municipais. As clases darán comezo o 16 de setembro.

O Concello de Ames, a través da Escola Municipal de Música de Ames, organiza unha velada de violín a cargo de Anxo Gómez Piñeiro, veciño do Milladoiro, que xa conta con numerosas distincións e premios. En 2022 recibiu unha mención de honra pola súa participación no Concurso Internacional Violin Competition, na categoría de menores de 21 anos. O concerto será o sábado 29 de xuño, ás 20:00 horas, no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro. A entrada será de balde ata completar aforo.
- 1 de 6
- seguinte ›