Actualidade

Ex., 21-12-2024
Ex., 21-12-2024
Xoves, 10 de agosto de 2023
Imaxe da caravana morada nas festas de Bertamiráns

O Concello de Ames reiterou nestas festas o seu compromiso contra a violencia de xénero instalando unha caravana morada que prestou servizo a medio centenar de persoas, destacando a presenza de xente de idades comprendidas entre os 14 e 20 anos, durante os días grandes das festas de Milladoiro e Bertamiráns.

Martes, 01 de setembro de 2020
Cartel informativo da charla "Como evitar relacións tóxicas"

A psicóloga xurídica, sexóloga e criminóloga especializada en igualdade de xénero, Mónica Novas Dios, impartirá este xoves, 3 de setembro, unha charla na que dará as claves de “Como evitar as relacións tóxicas“, dentro da campaña Non estás soa! O coloquio, organizado pola Concellería de Igualdade, celebrarase ás 11.00 horas no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns e terá entrada de balde previa inscrición. As inscricións pódense realizar enviando un correo electrónico ao enderezo infoigualdade@gmail.com ou a través do teléfono/whatsapp 682 660 580.

Mércores, 12 de agosto de 2020
O CIM encárgase deste proxecto

O Concello contratará en breve a tres mulleres vítimas de violencia de xénero. Esta acción forma parte do Programa Integral para vítimas de violencia de xénero e mulleres vulnerables” e lévase a cabo mediante unha subvención de 64.079,76 euros que outorga a Secretaría Xeral de Igualdade. Prevese que as tres mulleres estean traballando en distintos departamentos municipais entre finais do mes de agosto e principios do mes de setembro.

Xoves, 05 de setembro de 2019
Cartel do curso de auto defensa para mulleres que se organiza no Milladoiro

A Concellaría de Benestar Social, en colaboración coa Secretaria Xeral da Igualdade, organiza para os días 23 e 25 de setembro un curso de auto defensa para mulleres. Trátase dun curso para saber como actuar ante situacións violentas que se impartirá no pavillón municipal do Milladoiro, en horario de 16.00 a 20.00 horas. Esta actividade estará impartida por especialistas da Federación Galega de Loita e pertencentes ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado. Para inscribirse hai que chamar ao número de teléfono 981 53 59 41.