Actualidade

Ex., 28-01-2025
Ex., 28-01-2025
Martes, 07 de xaneiro de 2025
A Aula AMTIC organiza novos cursos de formación para os primeiros meses do ano

A Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación do Milladoiro (AMTIC) xa ten preparada a programación para os primeiros meses deste 2025, con cursos dirixidos tanto a adultos coma para menores. As temáticas destes cursos abranguen contidos moi amplos e útiles para o mundo dixital, no caso dos adultos, dende a xestión avanzada do correo electrónico, a busca de emprego ata a mecanografía, e no caso dos menores, un uso avanzado nas ferramentas de busca en liña ou tamén mecanografía. As persoas interesadas en participar nalgún dos cursos poden facelo enviando cuberta a ficha de inscrición ao enderezo electrónico informatica.milladoiro@gmail.com, chamando a través do teléfono 674 594 843 ou achegándose ata a aula AMTIC do Milladoiro en horario de luns a venres de 10.00 a 12.30 horas e de 16.00 a 20.00 horas. Pódese descargar a ficha de inscrición na seguinte ligazón.

Domingo, 29 de decembro de 2024
A Aula AMTIC ofrece novos cursos de alfabetización dixital nas parroquias

Dentro da súa programación para o primeiro trimestre de 2025, a Aula AMTIC ofrece cursos de informática para o desenvolvemento e capacitación dixital no medio rural. Levaranse a cabo a partir do 13 de xaneiro en Agrón, Trasmonte, Biduído, Bugallido e na Ameixenda. A formación é de balde, e inclúe 25 horas de clases prácticas, que se desenvolverán en clases de dúas a tres horas, un día á semana. As persoas interesadas poden inscribirse chamando ao teléfono 674 594 843, en horario de atención de luns a venres de 9:30 a 14:00 horas. Aínda hai prazas dispoñibles.

Sábado, 07 de decembro de 2024
Entréganse os diplomas dos cursos de iniciación á informática e de administración electrónica

O alcalde de Ames e responsable da área de novas tecnoloxías, Blas García, entregou os diplomas dos cursos de iniciación á informática e de administración electrónica nos que participaron 18 persoas. Estas actividades impartíronse na aula AMTIC, situada na Casa da Cultura do Milladoiro, durante os meses de outubro e novembro. Estes cursos  estiveron dirixidos a persoas con coñecementos básicos de informática e os seu principal obxectivo foi facilitar a utilización de medios dixitais, para que as persoas asistentes superen as barreiras dixitais e se sintan cómodas e seguras no seu uso.

Mércores, 04 de decembro de 2024
Cartel coa programación da Aula AMTIC

A Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación (Aula AMTIC) do Concello de Ames, situada no Milladoiro, oferta para este mes de decembro novos cursos formativos, un para adultos e tres para os máis cativos. Para o obradoiro de compras seguras a través da Internet, que está dirixido a persoas adultas, aínda quedan prazas libres. Este curso impartirase os días 11, 12 e 18 de decembro, en horario de 10.00 a 12.00 horas. Pódese facer a inscrición a través do número de teléfono 674 59 48 43, escribindo un correo electrónico a informatica.milladoiro@gmail.com, coa correspondente ficha de solicitude cuberta e asinada, ou de xeito presencial na propia aula AMTIC do Milladoiro.

Xoves, 28 de novembro de 2024
A Aula AmTIC organiza novos cursos neste mes de decembro para a rapazada e adultos

A Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación (Aula AmTIC) do Concello de Ames, localizada no Milladoiro, oferta para este mes de decembro novos cursos formativos, un para adultos e tres para os máis cativos. Deste xeito, a Aula Municipal completa a súa proposta de cursos didácticos para este tramo final do ano. Os contidos do curso para adultos estarán centrados en como facer compras seguras a través de internet e, no caso dos menores, o obxectivo principal é que coñezan o mundo da informática a través da creación de postais de Nadal en diferentes programas dixitais. Pódese facer a inscrición en calquera dos cursos chamando a través do número de teléfono 674 59 48 43, escribindo un correo electrónico a informatica.milladoiro@gmail.com coa correspondente solicitude cuberta e asinada ou de xeito presencial na propia aula AMTIC do Milladoiro.

Mércores, 13 de novembro de 2024
A Aula AMTIC organiza en novembro unha xornada sobre o uso responsable das redes sociais

O mércores 27 de novembro, ás 18:00 horas, terá lugar na Casa da Cultura do Milladoiro unha conferencia sobre o uso responsable das redes sociais organizada pola aula AMTIC. A charla, dunha hora de duración, abordará cuestións como o uso consciente destas plataformas ou algúns dos perigos asociados a elas. Está dirixida a público a partir de 16 anos. A inscrición pode facerse no teléfono 674 594 843, en horario de 9:30 a 14:00 horas, ou a través do enderezo electrónico informatica.milladoiro@concellodeames.gal, enviando esta ficha cuberta e asinada.

Martes, 29 de outubro de 2024
A Aula AMTIC do Milladoiro ofrece un obradoiro sobre administración electrónica

Dentro da súa programación para o último trimestre do ano, a Aula AMTIC ofrece un obradoiro de administración electrónica, que se impartirá os días 27 e 28 de novembro e o 4 e 5 de decembro, en horario de 10.00 a 12.00 horas. Este curso está dirixido a persoas maiores de 18 anos interesadas en aprender ou mellorar en diferentes procesos ou tarefas, diarias relacionadas con trámites de administración electrónica. As persoas interesadas poden inscribirse enviando a ficha de inscrición cuberta e asinada ao enderezo electrónico informatica.milladoiro@gmail.com, ou chamando ao teléfono 674 594 843, en horario de luns a venres de 9:30 a 14:00 horas.

Xoves, 18 de abril de 2024
Entréganse os diplomas do curso básico de informática para a adaptación dixital

O alcalde de Ames e responsable da área de novas tecnoloxías, Blas García, entregou os diplomas do curso básico de informática para a adaptación dixital. Esta actividade realizouse na aula AMTIC, do 11 de marzo ao 17 de abril. Tivo unha duración de 20 horas e participaron 12 persoas. Este curso estaba dirixido a persoas con coñecemento básicos de informática e os seu principal obxectivo foi facilitar a utilización de medios dixitais, para que as persoas asistentes superen as barreiras dixitais e se sintan cómodas e seguras no seu uso.

Martes, 27 de febreiro de 2024
A Aula AMTIC organiza un curso de informática para a adaptación dixital

A Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación do Milladoiro (AMTIC), que está situada na Casa da Cultura do Milladoiro, organiza un curso básico de informática para a adaptación dixital. Será a partir do 11 de marzo, os luns e os mércores en horario de 10:00 a 12:00 horas. Para esta actividade ofrécense un total de 12 prazas, que serán cubertas por orde de inscrición. As persoas interesadas en inscribirse poden facelo de maneira presencial na propia AMTIC ou enviando cuberta e asinada a solicitude que se pode atopar premendo nesta ligazón ao enderezo electrónico informatica.milladoiro@concellodeames.gal.

Sábado, 20 de xaneiro de 2024
80 persoas participaron nos cursos de informática impartidos nos locais sociais das parroquias

A Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación (AMTIC) organizou un programa de novos cursos de informática para o desenvolvemento dixital no medio rural, que se impartiron dende o pasado mes de outubro nos locais sociais de Agrón, Bugallido, Biduído, Augapesada, Covas, Tapia, Ameixenda e Ortoño. A formación, que foi de balde, incluíu 25 horas de clases prácticas, que se desenvolveron en clases de dúas horas, un día á semana. Un total de 80 persoas participaron en ditos cursos. Unha vez rematado os cursos, as persoas participantes recibiron os diplomas que acreditan o correcto aproveitamento de dita formación.