A Igrexa. Parroquia de Piñeiro
Desde os tempos medievais nos que se constituíu a parroquia existiu un templo neste lugar. A igrexa que chegou até os nosos días debe moito ás obras realizadas no século XVIII. Algunhas pedras do edificio anterior están hoxe incorporadas ao muro leste, onde se sitúa a sancristía, do novo templo. Contra 1740 o corpo novo e a cuberta de madeira estaban rematados, pero, ata finais do século, non sería reparada a capela maior, capela que foi cuberta cunha bóveda nova. A fachada podemos datala entre 1786 e 1818. Está concibida seguindo canóns clásicos,...