Avisos

Ex., 14-07-2024
Ex., 14-07-2024
Luns, 1 xullo, 2024
A empresa subministradora Naturgy notificoulle ao Concello de Ames de varias interrupcións programadas do subministro eléctrico durante o 3 de en varias aldeasdo concello, co fin de realizar tarefas de mantemento e desenvolvemento da súa rede eléctrica. Así, quedarán fóra de servizo unha serie de instalacións que poden provocar interrupcións no subministro eléctrico nas rúas ou lugares descritos a continuación. Para aclaracións, contactar coa empresa no teléfono 900 333 999.
Venres, 28 xuño, 2024
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai pública a décima acta do Tribunal do proceso selectivo dunha praza de traballador/a social, na que se acorda eliminar do proceso aos aspirantes que non se presentaron ao exame e publícanse as puntuacións provisionais dos/as aspirantes que realizaron a proba. Trátase de prazas por concurso-oposición do art. 2.1 da lei 20/2021 incluídas na oferta extraordinaria de emprego público de 2022 (estabilización). Previamente publicáronse os anuncios publicados no BOP de catro procesos selectivos para cubrir as prazas de estabilización de emprego temporal incluídas na oferta de emprego público de 2022 por concurso-oposición.
Venres, 28 xuño, 2024
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames para esta semana. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Martes, 25 xuño, 2024
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, informa da publicación das listas definitivas de nenos/as admitidos/as e excluídos/as no programa municipal da Escola de Verán 2024.
Venres, 21 xuño, 2024
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús do Xuño Lúdico 2024 (almorzo e xantar). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Venres, 21 xuño, 2024
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames para esta semana. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Venres, 21 xuño, 2024
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, informa da publicación das listaxes de preinscricións admitidas e excluídas nos servizos de Bos Días Cole, comedor e Tardes Divertidas para o curso 2024-2025. As solicitudes admitidas deberán formalizar a matrícula entre o 26 de xuño e o 8 de xullo de 2024. Ao pé deste aviso adxúntanse as listaxes de prescricións admitidas e excluídas nos servizos Bos Días Cole (todos os centros), Tardes Divertidas (todos os centros) e comedor (todos os centros, excento o CEP de Ventín). No CEP de Ventín non se indica os admitidos/excluídos ata coñecer os espazos dispoñibles para o servizo. No caso das solicitudes pendentes de asignación e das solicitudes para o comedor de Ventín, avisarase individualmente á familia para formalizar a matrícula no caso de ser admitidos
Xoves, 20 xuño, 2024
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, aclara que en resposta ás consultas recibidas en relación ao criterio de admisión na Escola de Verán, todo/a usurario/a que teña acreditada a necesidade de conciliación e cumpra cos requisitos establecidos terá garantida a súa praza no servizo.
Xoves, 20 xuño, 2024
Debido á celebración da fase de preselección do concurso Baila con Ames, o Concello de Ames informa da prohibición de estacionamento nas 8 prazas situadas no lateral do aparcadoiro da Casa da Cultura do Milladoiro, que están próximas á pista deportiva de baloncesto (tal e como se amosa no bando informativo). Tamén queda prohibido o uso das pistas deportivas de baloncesto e fútbol sala que están xunto á Casa da Cultura do Milladoiro. Ditas prohibicións estarán vixentes de 10.00 a 23.00 horas o venres 21 de xuño.
Xoves, 20 xuño, 2024
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Cultura, abriu o prazo para a renovación de praza na Escola Municipal de Teatro de Ames. Dito prazo está dirixido ás persoas inscritas no curso anterior. O prazo de renovación de praza estará aberto ata o 30 de xuño. Posteriormente, do 5 ao 15 de xullo abrirá un segundo prazo para novas inscricións nos grupos que queden prazas libres. Tanto para renovar praza como para inscribirse por primeira vez haberá que cubrir o impreso normalizado e presentalo no Rexistro Electrónico Xeral do Concello de Ames ou na Sede electrónica do Concello. Tamén se poderá presentar no Rexistro presencial nas oficinas de Bertamiráns e do Milladoiro.