Avisos

Ex., 14-07-2024
Ex., 14-07-2024
Martes, 18 xuño, 2024
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, informa da publicación das listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas para as renovacións nos servizos de Bos Días Cole e Tardes Divertidas para o curso 2024-2025. Establécese un prazo de emenda de 10 días hábiles (ata o 3 de xullo de 2024).
Martes, 18 xuño, 2024
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, informa da publicación das listaxes de solicitudes para as renovacións no servizo da Rede municipal de comedores escolares para o curso 2024-2025. Ata o 3 de xullo pódense realizar emendas sobre as solicitudes que así o indiquen.
Martes, 18 xuño, 2024
Dende o Concello infórmase do peche da pista de fútbol sala situada na Travesía do Porto, no Milladoiro, o xoves 20 de xuño, por mor do concerto de fin de curso da Escola Municipal de Música de Ames. Polo tanto, queda prohibido o seu uso desde as 16:00 horas do mércores 19 de xuño ata as 14:00 horas do venres 21 de xuño.
Luns, 17 xuño, 2024
O departamento de Educación do Concello de Ames fai públicas as listaxes definitivas de nenas e nenos admitidas e excluídas do programa de conciliación Xuño Lúdico 2024, para o CEP Ventín e o CEIP A Maía.
Venres, 14 xuño, 2024
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús da Rede de Comedores Escolares (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Venres, 14 xuño, 2024
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames para esta semana. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Xoves, 13 xuño, 2024
Desde o departamento de Educación fanse públicas as listaxes provisionais da Escola de Verán 2024. Nesta ocasión, as listaxes que se publican non clasifican as solicitudes como admitidas e excluídas, xa que as mesmas superan o número de prazas establecidas. As listaxes están dispoñibles ao pé deste aviso.
Mércores, 12 xuño, 2024
O Concello de Ames informa sobre o resultado do sorteo realizado para asignar as prazas do novo alumnado da Escola Municipal de Música de Ames que se realizou o mércores 12 de xuño.
Mércores, 12 xuño, 2024
Dende o departamento de Xuventude comunican que, ante a previsión meteorolóxica para este sábado, adíase o Trouleando Aquapark desta fin de semana. Debido á dispoñibilidade da monitoraxe ofértase unha única nova data para esta actividade, que será o luns 15 DE XULLO nos mesmos horarios. Todas as persoas admitidas ao trouleando Aquapark, que NON poidan ir nesta nova data deben comunicalo enviando un correo electrónico a xuventude@concellodeames.gal antes do 5 de xullo, para poder ofrecer a praza a outra persoa da lista de agarda. Pola contra, as persoas admitidas que si poidan ir nesta nova data, non é preciso que envíen nada.
Luns, 10 xuño, 2024
O Concello de Ames, a través de decreto de Alcaldía, informa sobre a tramitación de urxencia do procedemento “Escola de verán 2024”. O 2 de maio de 2024, mediante o Decreto 1377/2024, resolveuse o inicio do prazo de inscrición do servizo de conciliación da vida laboral e familiar do concello de Ames “Escola de verán 2024”. Dito prazo de inscrición estivo aberto desde o 03/05/2024 ata o 20/05/2024, presentándose dentro deste prazo 509 solicitudes.