Avisos

Ex., 14-07-2024
Ex., 14-07-2024
Luns, 3 xuño, 2024
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, informa da publicación das listaxes de solicitudes presentadas de novos/as usuarios/as nos servizos complementarios de educación (Bos Días Cole, Tardes Divertidas e Comedores Escolares) para o curso 2024-2025. O prazo de emendas ou reclamacións é de 10 días hábiles, do 4 ao 17 de xuño de 2024. Unha vez finalizado dito prazo publicaranse as listas de admitidos/as nos servizos e informarase do prazo de matricula.
Venres, 31 maio, 2024
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames para esta semana. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Venres, 31 maio, 2024
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús da Rede de Comedores Escolares (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Venres, 31 maio, 2024
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, informa sobre a publicación das listaxes definitivas de admitidos/as e de agarda das escolas infantís municipais A Madalena e O Bosque para o curso escolar 2024-2025. O prazo de matrícula abrangue do 1 ao 17 de xuño.
Venres, 31 maio, 2024
O departamento de Educación do Concello de Ames fai públicas as listaxes provisionais de nenas e nenos admitidas e excluídas do programa de conciliación Xuño Lúdico 2024, para o CEP Ventín e o CEIP A Maía.
Venres, 31 maio, 2024
A empresa subministradora Naturgy notificoulle ao Concello de Ames de varias interrupcións programadas do subministro eléctrico durante o 7 de en varias parroquias do concello, co fin de realizar tarefas de mantemento e desenvolvemento da súa rede eléctrica. Así, quedarán fóra de servizo unha serie de instalacións que poden provocar interrupcións no subministro eléctrico nas rúas ou lugares descritos a continuación. Para aclaracións, contactar coa empresa no teléfono 900 333 999.
Xoves, 30 maio, 2024
O Concello de Ames pon a disposición das persoas con dificultade de mobilidade un vehículo especialmente habilitado para que poidan participar nas eleccións ao Parlamento Europeo que se celebran o domingo 9 de xuño de 2024. As persoas interesadas deberán poñerse en contacto co persoal da Oficina de Voluntariado de Ames chamando ao teléfono gratuíto 900 204 000, en horario de 9:00 h a 14:00 horas, ata o xoves 6 de xuño, para facer a reserva do servizo. O transporte adaptado ofrece o servizo de recollida no seu domicilio, transporte ata a mesa electoral e regreso ao seu domicilio. Consulta o bando informativo que está ao pé deste aviso.
Xoves, 30 maio, 2024
O Concello de Ames, a través do departamento de Deportes, fai pública a listaxe co resultado do sorteo público de dez prazas para para participar nos campamentos deportivos da Deputación da Coruña, que terán lugar do 7 ao 12 de xullo no IES Rosalía Mera, na Coruña.
Mércores, 29 maio, 2024
Desde o 27 de maio, e ata o venres 7 de xuño, estará aberto o prazo para que novo alumnado presente as súas solicitudes de praza na Escola Municipal de Música de Ames, a EMMA, de cara ao vindeiro curso 2024-2025. A inscrición pode realizarse a través da Sede electrónica do Concello de Ames, ou ben de xeito presencial nos rexistros municipais, sen necesidade de solicitar cita previa. Está previsto que as clases comecen o 16 de setembro.
Venres, 24 maio, 2024
O Concello de Ames, a través das Concellarías de Medio Ambiente e de Xuventude, abre o prazo de matrícula para o programa de campamentos municipais de verán 2024. Este servizo está dirixido á rapazada que estea cursando os niveis de infantil, primaria, secundaria ou bacharelato. Trátase dunha oferta lúdica e formativa de desenvolvemento persoal concibida para, de xeito progresivo, dotar aos nenos/as e mozos/as das ferramentas precisas para lograr a súa autonomía e independencia, e fomentar a convivencia, a cooperación, o respecto e un xeito saudable ao tempo que os achega ao medio natural, ao deporte e á cultura.