Pestanas principais

Departamento de Xuventude

    • Enderezo:
      • Luns, mércores e xoves na Casa do Concello. Praza do Concello, nº2 Bertamiráns. 15220 Ames
      • Martes e venres na Casa da Cultura de Milladoiro. Tavesía do Porto s/n Milladoiro. 15895 Ames
    • Teléfono: 616 08 32 29
    • Horario de atención ao público: 09:00 a 14:00 horas.
    • Responsable municipal:  Concellaría de Mocidade
    • Responsable técnico: Pilar Villaverde Cutrín, técnica de mocidade e información xuvenil.
Outros Datos: 
  • Funcións:
    • Orientar e asesorar á mocidade de Ames,  garantindo que toda a poboación xuvenil do concello teña acceso a unha información ampla, obxectiva e actualizada en relacion aos seus intereses e necesidades.
    • Organizar, xestionar e promover programas e actividades formativas no marco da educación non formal orientadas a facer efectivas a igualdade de oportunidades e o desenvolvemento integral da mocidade a nivel formativo, laboral, familiar, etc.
    • Abordar medidas de cara a mellorar a calidade de vida da poboación xuvenil en diferentes ámbitos como o lecer e tempo libre, saude, educación en valores (igualdade de  oportunidades, interculturalidade,  violencia  de xénero, discapacidade…).
    • Favorecer a participación activa da mocidade na vida social e comunitaria, a través da dinamización de grupos informais e asociacións xuvenis.
    • Dar resposta a cantas dúbidas ou inquedanzas xurdan na mocidade apoiando e dando forma ás súas propostas e iniciativas en calquera ámbito de actuación do seu interese (cultural, formativo, ocio,...).
  • Novas relacionadas
  • Axenda.
  • Normativa
    • Lei 6/2012, de 19 de xuño, de xuventude de Galicia (DOG nº 139 do 20 de xullo de 2012).
    • Lei 39/2015 do procedemento administrativo común das administracións públicas
    • Lei 7/2007 do Estatuto básico do empregado público
    • Lei 2/2015 da función pública de Galicia
    • Lei 7/1985 das bases do réxime local

 

Novas do departamento

O Concello de Ames, a través do departamento de Xuventude, organiza por primeira vez durante as vacacións de Nadal unha master class musical para a mocidade relacionada coa produción e gravación musical. A actividade, orientada a mozos e mozas a partir de 14 anos, desenvolverase os días 27 e 28 de decembro en horario de 11:00 a 13:30 horas no local de A Factoría en Biduído. Para inscribirse haberá que enviar, entre o 13 e o 20 de decembro, o impreso de inscrición cuberto e asinada ao enderezo de correo electrónico xuventude@concellodeames.gal.

“Xoguetería erótica DIY” é o novo obradoiro que ofrece a Concellaría de Mocidade de Ames dentro do programa de sexualidade positiva e saudable [con]sentido, sendo esta a penúltima actividade das oito do itinerario, que fora presentado o pasado mes de xullo. Terá lugar o sábado 30 de outubro no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, de 10:00 a 13:00 horas. O taller está dirixido a persoas mozas a partir dos 14 anos, e conta cun aforo máximo de 15 participantes. A inscrición xa está aberta, cumprimentando esta ficha de inscrición e enviándoa ao enderezo electrónico con.sentido@agasex.org.

A Concellaría de Mocidade, a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), oferta a cuarta edición do curso gratuíto de primeiros auxilios, que se impartirá os martes, mércores e xoves, dende o 15 de outubro ata o 3 de novembro. A actividade, que terá lugar na Casa da Cultura de Bertamiráns, en horario de 19.00 a 22.00 horas, está dirixida preferentemente a persoas empadroadas entre os 16 e 30 anos. Para esta actividade ofértanse 12 prazas, que se irán cubrindo por rigorosa orde de inscrición. Para esta edición redúcese o número de prazas pola Covid-19. O prazo para presentar as solicitudes de inscrición comeza o xoves 1 de outubro e estará aberto ata o xoves día 8. Premendo nesta ligazón podes obter a ficha de inscrición.

A Concellería de Mocidade oferta unha nova edición do curso gratuíto de primeiros auxilios, que se impartirá o sábado 23 de novembro. A actividade, que terá lugar na no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, en horario de 9:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas, está dirixida preferentemente a persoas empadroadas entre os 14 e 30 anos cumpridos. Ofértanse 20 prazas. O prazo para presentar as solicitudes de inscrición comeza o 6 de novembro e estará aberto ata o día 13. Premendo nesta ligazón podes obter a ficha de inscrición.

O Concello de Ames, a través das Concellarías de Medio Ambiente e de Mocidade, informa sobre o inicio do prazo de matrícula para os rapaces e rapazas que foron admitidos/as no programa de campamentos municipais de verán 2021 (educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato e campamentos urbanos). Hoxe publicáronse as listas co resultado do sorteo de adxudicación de prazas nos campamentos que houbo máis solicitudes que prazas ofertadas.

Os mozos e mozas de Ames terán a oportunidade o sábado, 9 de outubro, de participar nos obradoiros “MenstruAmes” de elaboración de compresas de tea e “Sexting, como o fago?” no que se informará sobre o xeito seguro de abordar esta práctica e os riscos que conleva.  Ámbolos dous talleres están dirixidos a mozos e mozas a partir de 16 anos e enmarcanse no  “Programa de sexualidade positiva e saudable [con]sentido” que da resposta á demanda da mocidade amesá nos Orzamentos Participativos do ano 2020. O obradoiro de sexting desenvolverase no Pazo da Peregrina entre as 11:00 e as 13:00 horas e o de elaboración de compresas realizarase no mesmo espazo entre as 16:30 e as 20:30. Os obradoiros son de balde e teñen prazas limitadas. O prazo de inscrición comeza o xoves, 30 de setembro. As persoas interesadas poden anotarse no enderezo electrónico con.sentido@agasex.org. Pódese descargar aquí a ficha de inscrición.

Dende o día 1 ata o 15 de xullo, os músicos e músicas de Ames xa pode renovar a solicitude de uso do local municipal A Factoría, enviando o impreso de solicitude de renovación cumprimentado e asinando ao enderezo xuventude@concellodeames.gal. O horario de ensaio do local para todos os días da semana é de 10.00h a 22.00 horas, sempre e cando non interfira en actividades organizadas polo propio Concello. Os grupos dispoñen de ata 3 horas consecutivas á semana para ensaiar. Na actualidade, 14 agrupacións musicais fan uso destas instalacións que pouco a pouco a través de varias melloras, vai aumentando a demanda de novos usuarios/as.

Dende este martes 23 ata o 30 de novembro ás 23:59 horas, o público poderá escoller ás persoas gañadoras dos dous premios do público de 150 euros que se reparten nesta segunda edición de Galetiktokers. Para votar, cómpre seguir ao perfil de Instagram da OMIX de Ames (@omixames) e premer “gústame” nos 21 tiktoks candidatos, que se subirán a esa mesma conta. Os vídeos con máis “gústame” das dúas categorías de idade (dos 13 aos 16 anos e dos 17 en diante) levarán os galardóns do público. A entrega de premios terá lugar o 16 de decembro, na Casa da Cultura de Bertamiráns.

Dende o xoves 15 de xullo, os músicos e músicas de Ames xa poden reservar o local municipal A Factoría enviando a solicitude a través do correo electrónico omix@concellodeames.gal. Polo menos, un dos/as seus/súas integrantes debe estar empadroado en Ames e o grupo debe estar dado de alta no censo municipal de artistas do concello.

A Casa da Cultura do Milladoiro acolle este sábado 5 de novembro, ás 19:00 horas, a gala de entrega de premios do certame Galetiktokers, unha iniciativa da Concellaría de Mocidade e de Normalización Lingüística que se pon en marcha por terceiro ano consecutivo e que ten como obxectivo fomentar a creatividade da rapazada e animar a empregar o galego a través das redes sociais e das novas canles de comunicación. Nesta edición, o evento contará coa actuación da cantante Pauliña, e participarán tamén as integrantes do xurado: a comunicadora audiovisual Noelia Francisco Lens, e a tiktoker Sara Seco Rial.

Eventos del departamento

A Concellería de Mocidade, a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) organiza dous obradoiros de robótica para mozos e mozas maiores de 12 anos. O martes 22 e o mércores 23 de decembro, de 17.00 a 20.00 horas, impartirase o taller de programación electrónicas. Sempre que a situación sanitaria o permita, a actividade realizarase nas instalacións de We Robots, na Rúa O Rueiro, en Bertamiráns.

O departamento de Xuventude organiza para o mes de novembro unha nova actividade para a mocidade amesá, familias e persoas en xeral con perfís profesionais educativos ou do tempo libre. Desta volta, organiza un curso de formación en comunicación non violenta denominado Falarnos Bonito, que se vai desenvolver o 30 de novembro, de 11.00 a 13.00 horas, no Pazo da Peregrina. Trátase dunha actividade de balde, pero para participar hai que inscribirse enviando ata o 27 de novembro o impreso de inscrición ao enderezo xuventude@concellodeames.gal.

Un ano máis, os departamentos de Xuventude e Normalización Lingüística de Ames puxeron en marcha o certame Galetiktokers. Trátase dunha oportunidade para que a mocidade estimule a súa creación empregando os novos formatos e poñendo en valor a lingua galega.

A actividade, destinada a todos os públicos, terá lugar na Paraza de Chavián en Bertamiráns. En caso de choiva trasladarase ao pavillón municipal.

O espazo multicultural de A Factoría, e Biduido, organiza dous obradoiros de son o 27 e o 28 de decembro, ambos ás 11:00 horas.

 

O obradoiro de linguaxe de signos familiar celebrarase no local Retumban Risas, no Milladoiro, de 17:00 a 19:00 horas . Para asistir a estas actividades, débese inscribirse previamente cubrindo este impreso para os nenos e nenas. Tamén se pode solicitar enviando un correo electrónico a promocioneconomica@concellodeames.gal.

A concellaría de Mocidade pon en marcha un novo obradoiro no marco do programa de sexualidade positiva con[sentido]. A próxima cita será o sábado 23 de outubro no Pazo da Peregrina onde terá lugar a Obradoiro métodos anticonceptivos. O obradoiro celebrarase entre as 10:30 e as 13:30.

Para asistir é necesario inscribirse enviando un correo a con.sentido@agasex.org

 

A concellaría de Mocidade pon en marcha un novo obradoiro no marco do programa de sexualidade positiva con[sentido]. A próxima cita será o sábado 30 de outubro no Pazo da Peregrina onde terá lugar a Obradoiro de xoguetería erótica. O obradoiro celebrarase entre as 17:00 e as 20:00 horas.

Para asistir é necesario inscribirse enviando un correo a con.sentido@agasex.org

Desenvolverase na Praza de Manuel Murguía do Milladoiro  e é unha actividade destinada aos rapaces e rapazas de máis de 10 anos.

Este martes, 30 de xullo, ás 20.00 horas, o campo da festa de Biduído acolle unha nova sesión da cuarta edición dos “Seráns de Ames”. A iniciativa, que se desenvolve durante os meses de xullo e agosto, acolle nesta ocasión un concerto do grupo SR. Salvaje. Este concerto estaba previsto inicialmente para o xoves 11 de xullo, pero houbo que adialo por choiva.