Pestanas principais

Departamento de Xuventude

    • Enderezo:
      • Luns, mércores e xoves na Casa do Concello. Praza do Concello, nº2 Bertamiráns. 15220 Ames
      • Martes e venres na Casa da Cultura de Milladoiro. Tavesía do Porto s/n Milladoiro. 15895 Ames
    • Teléfono: 616 08 32 29
    • Horario de atención ao público: 09:00 a 14:00 horas.
    • Responsable municipal:  Concellaría de Mocidade
    • Responsable técnico: Pilar Villaverde Cutrín, técnica de mocidade e información xuvenil.
Outros Datos: 
  • Funcións:
    • Orientar e asesorar á mocidade de Ames,  garantindo que toda a poboación xuvenil do concello teña acceso a unha información ampla, obxectiva e actualizada en relacion aos seus intereses e necesidades.
    • Organizar, xestionar e promover programas e actividades formativas no marco da educación non formal orientadas a facer efectivas a igualdade de oportunidades e o desenvolvemento integral da mocidade a nivel formativo, laboral, familiar, etc.
    • Abordar medidas de cara a mellorar a calidade de vida da poboación xuvenil en diferentes ámbitos como o lecer e tempo libre, saude, educación en valores (igualdade de  oportunidades, interculturalidade,  violencia  de xénero, discapacidade…).
    • Favorecer a participación activa da mocidade na vida social e comunitaria, a través da dinamización de grupos informais e asociacións xuvenis.
    • Dar resposta a cantas dúbidas ou inquedanzas xurdan na mocidade apoiando e dando forma ás súas propostas e iniciativas en calquera ámbito de actuación do seu interese (cultural, formativo, ocio,...).
  • Novas relacionadas
  • Axenda.
  • Normativa
    • Lei 6/2012, de 19 de xuño, de xuventude de Galicia (DOG nº 139 do 20 de xullo de 2012).
    • Lei 39/2015 do procedemento administrativo común das administracións públicas
    • Lei 7/2007 do Estatuto básico do empregado público
    • Lei 2/2015 da función pública de Galicia
    • Lei 7/1985 das bases do réxime local

 

Novas do departamento

Esta mañá o salón de plenos da Casa do Concello acolleu a presentación do novo Club Xuvenil de Ames, unha iniciativa impulsada pola Concellería de Mocidade. Neste grupo poderán participar ata 30 mozos e mozas de entre 13 e 18 do Concello de Ames, e as actividades que se leven a cabo estarán coordinadas por dous monitores da empresa Aquelando SL, coworkers do espazo colaborativo A Proa. As actividades estenderanse de marzo a decembro, facendo un parón durante o verán nos meses de xullo e agosto.

O Concello de Ames dispón dun local municipal onde os grupos musicais do concello poden ensaiar. Trátase de A Factoría, que está situada na parroquia de Biduído. Na actualidade, ata o 15 de xullo, está aberto o prazo para que os músicos e músicas de Ames, que xa empregan estas instalación, poidan renovar a solicitude de uso do local municipal A Factoría. O horario de ensaio do local para todos os días da semana é de 10.00h a 22.00 horas, sempre e cando non interfira en actividades organizadas polo propio Concello. Os grupos dispoñen de ata tres horas consecutivas á semana para ensaiar. Na actualidade, 14 agrupacións musicais fan uso destas instalacións, que pouco a pouco a través de varias melloras, vai aumentando a demanda de novos usuarios/as. Durante o último trimestre de 2023 realizáronse melloras nas instalacións e adquiriuse novo equipamento. En ditas melloras investíronse 17.797,04 euros.

A Concellaría de Xuventude do Concello de Ames propón neste mes de maio unha nova actividade enmarcada dentro do programa Trouleando que conxuga natureza, deporte e diversión: unha xornada no Ecoparque Multiaventura de Marín. Será o sábado 27, e ofrecerase servizo de autobús dende Bertamiráns e O Milladoiro. Os mozos e mozas interesados en participar deben anotarse enviando a ficha de inscrición cuberta ao enderezo electrónico xuventude@concellodeames.gal entre os días 10 e 14 de maio. As prazas son limitadas e asignaranse por orde de chegada dos correos.

A Oficina Municipal de Información Xuvenil de Ames (OMIX) organiza para o vindeiro sábado 5 de outubro, un novo curso de dinamización de eventos infantís. O curso, que estará orientado ao desenvolvemento de actividades de entretemento, desenvolverase na Casa da Cultura de Bertamiráns, en horario de 10:00h a 14:00h e de 15:30 a 19:30h. Para participar deste curso é preciso anotarse, enviando a ficha de inscrición cuberta xunto cunha fotocopia do DNI ao enderezo de correo electrónico omix@concellodeames.gal. O curso está dirixido a mozas e mozos maiores de 18 anos. O prazo de inscrición permanecerá aberto entre o 25 de setembro e o 2 de outubro. Ao remate desta nova poderás obter o impreso de inscrición.

Estaba previsto que o anfiteatro do Milladoiro acollese o xoves, 20 de agosto, ás 22 horas, a segunda sesión de cine ao aire libre que chega a Ames a través do programa “Visións” da rede cultural da Deputación da Coruña e que está incluída no programa de fomento da Economía e a Cultura en Ames, AmesON. As previsións metereolóxicas que anuncian altas probabilidades de chuvia, determinan que a concellaría de Mocidade decida trasladar a proxección ao salón de actos da Casa de Cultura de Milladoiro. “A praia dos afogados” está baseada na novela de Domingo Villar qe conta cun amplo elenco de actores galegos entre os que se atopa o veciño de Ames Pepo Suevos. A actividade é de balde, até completar aforo, e organízase baixo as medidas de seguridade e hixiene que impón a loita contra a pandemia.

A Concellería de Xuventude organiza unha nova actividade dirixida á mocidade empadroada en Ames. Trátase da iniciativa “Finde na neve”, que se desenvolverá do 23 ao 25 de febreiro na estación invernal de Leitariegos (León). Na actividade poderán participar un total de 40 mozos/as nados entre o 2008 e o 1993. Para que a actividade se realice será necesario acadar un mínimo de 25 inscritos. As prazas que non se cubran con persoas empadroadas en Ames poden ser ocupadas por persoas doutros concellos. O prazo de inscrición está aberto dende hoxe, día 23, ata o 31 de xaneiro. O custe da actividade é de 158 euros; o prezo inclúe transporte, estadía, manutención, forfait, alugueiro do material de esquí, curso de 4 horas, etc. Premendo nesta ligazón podes descargar o impreso de inscrición.

O Concello de Ames, a través das Concellarías de Medio Ambiente e de Xuventude, abre o prazo de matrícula para o programa de campamentos municipais de verán 2023. As familias dos nenos/as e mozos/as que dispoñen de praza poden facer a matrícula dende hoxe, día 19, ata o 31 de maio. A documentación presentarase preferiblemente a través do rexistro telemático na Sede electrónica do Concello ou no rexistro de calquera administración pública adherida á plataforma de intercambio rexistral (SIR). Preme nesta ligazón para descargar o impreso de matrícula

Dende ás 11.00 horas de hoxe, 6 de novembro, e ata as 11:00 horas do venres, 8 de novembro, está aberto o prazo para votar a través de Instagram polos vídeos presentados ao concurso Galetiktokers, unha iniciativa dos departamentos de Xuventude e Normalización Lingüística do Concello de Ames, que pretende estimular a creatividade da rapazada animando á creación audiovisual en galego. Nesta quinta edición presentáronse 39 vídeos, realizados por arredor de 80 mozos/as de Ames e doutras localidades de Galicia. Nesta edición participou alumnado de centros de ensino de Bertamiráns, Lugo e Vilagarcía de Arousa, entre outras localidades. Premendo nesta ligazón pódense consultar as bases ao completo do V Certame Galetiktokers.

Dende ás 11.00 horas de hoxe, 25 de outubro, e ata as 11:00 horas do venres, 27 de outubro, está aberto o prazo para votar a través de Instagram polos vídeos presentados ao concurso Galetiktokers, unha iniciativa dos departamentos de Xuventude e Normalización Lingüística do Concello de Ames, que pretende estimular a creatividade da rapazada animando á creación audiovisual en galego. Nesta cuarta edición presentáronse 51 vídeos, realizados por máis de 120 mozos/as de Ames e doutras localidades de Galicia. Premendo nesta ligazón pódense consultar as bases ao completo do IV Certame Galetiktokers.

A Concellaría de Mocidade continua apostando pola formación da mocidade en comunicación en lingua de signos. Deste xeito, convocou un novo curso de lingua de signos (LSE) para a poboación moza. A formación impartirase nos meses de outubro e novembro na Casa da Cultura do Milladoiro. Para participar, é imprescindible ter superada e acreditada a formación en LSE nivel A1.1. As persoas interesadas en inscribirse poden facelo enviando este impreso debidamente cuberto e asinado ao enderezo electrónico xuventude@concellodeames.gal ata o 22 de setembro. As prazas son limitadas.

Eventos del departamento

A Concellaría de Mocidade comparte a terceira proposta de 2022 do programa Trouleando, unha mañá no kartódromo de Valga. Será o sábado 26 de marzo, con servizo de autobús dende o Milladoiro e Bertamiráns. Para participar, cómpre enviar esta ficha de inscrición cumprimentada ao enderezo electrónico omix@concellodeames.gal, entre o mércores 16 e o sábado 19 de marzo. As prazas asignaranse por orde de chegada e están abertas á mocidade a partir dos 12 anos (nada no 2009).

A Concellaría de Mocidade continúa un ano máis co programa Trouleando, tras poñer en marcha sete actividades durante o 2021. Será o sábado 29 de xaneiro, cunha xornada de videoxogos e competicións nun centro de xogos especializado, dentro dun ambiente lúdico e respectuoso. Para inscribirse, cómpre enviar a ficha de inscrición cuberta ao enderezo electrónico omix@concellodeames.gal, entre o xoves 13 e o mércores 19 de xaneiro. As prazas asignaranse por orde de chegada. A proposta, que terá lugar de 11:00 a 14:00 horas,  contará con servizo de autobuses dende Bertamiráns e o Milladoiro.

A Concellaría de Mocidade ten programada para o sábado 27 de novembro unha nova actividade do programa Trouleando. Será unha xornada de xogos de escapismo que conxuga diversión, aventura en equipo e moito misterio. O prazo para inscribirse nesta actividade estará aberto do 11 ao 17 de novembro. Para inscribirse hai que enviar a ficha cuberta a omix@concellodeames.gal. As prazas, que son limitadas, cubriranse por orde de chegada das inscricións. Esta actividade é de balde e está organizada pola Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX).

O parque do Río Ameneiral acolle hoxe ás 22:00 horas a proxección de “Quen a ferro mata”,  unha das últimas película do actor galego Luís Tosar.
A actividade, organizada pola concellaría de Mocidade a través da OMIX, encádrase dentro da programación de AmesON que impulsa os sectores económico e cultural de Ames.
A actividade é de balde até completar aforo

A película "A Esmorga", dirixida por Ignacio Vilar e baseada na obra de Eduardo Blanco Amor, proxéctase ás 22:00 horas no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns. "A Esmorga" é a crónica tensa e intensa de 24 horas na vida de tres compañeiros de xolda que van deixando un regueiro de destrución. A película está protagonizada por Miguel de Lira, Antonio Durán Morris e Karra Lejalde. No elenco conta cun gran número de actores e actrices galegas entre os que se atopa o veciño de Ames, Pepo Suevos.

A Concellería de Mocidade presenta o concerto da banda Pauliña que se celebrará o vindeiro venres, 12 de marzo, ás 19.30 horas, no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns. O grupo presentará o seu último traballo, A Malfalada, onde mesturan rock, folk country e blues. Por mor das restricións hixiénico-sanitarias, haberá límite de aforo e asignarase unha butaca, ben individual ou por agrupamento familiar, de forma automática na billeteira electrónica. Poderanse reservar como máximo 4 convites por persoa. Pódense reservar os convites na billeteira electrónica do Concello de Ames.

A concellaría de Mocidade e Normalización Lingüística pon en marcha un concerto didáctico para a mocidade amesá. Será o martes 19 de outubro  no Auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro cun concerto de García MC.

A Concellaría de Mocidade e Normalización Lingüística organiza un concerto didáctico para a mocidade amesá. Será cun concerto de Zënzar no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns.

A Concellaría de Xuventude organiza para o mes de novembro unha nova actividade para a mocidade amesá e para persoas en xeral con perfís profesionais educativos. Desta volta, organiza un curso de formación en igualdade para perfís educativos denominado Lentes Violetas, que se vai desenvolver o 22 de novembro, de 10.00 a 12.00 horas, no Pazo da Peregrina. Trátase dunha actividade que é de balde, pero para participar hai que inscribirse. Para elo hai que enviar ata o 16 de novembro o impreso de inscrición ao enderezo xuventude@concellodeames.gal.

A Concellería de Mocidade, a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) organiza dous obradoiros de robótica para mozos e mozas maiores de 12 anos. O luns 28 e o martes 29 de decembro, de 10.00 a 13.00 horas, impartirase o taller de deseño 3D. Sempre que a situación sanitaria o permita, a actividade realizarase nas instalacións de We Robots, na Rúa O Rueiro, en Bertamiráns.