Pestanas principais

Oficina municipal de Voluntariado

    • Enderezo: Casa da Cultura de Bertamiráns. Praza de Chavián s/n
    • Teléfono: 662 37 70 44
    • Responsable municipal: Concellaría de Benestar Social
    • Responsable técnico: Rubén Ramos Domínguez – Técnico de voluntariado
Outros Datos: 

Novas do departamento

183 trasnos repartirán os agasallos que pediron os 183 zocos e zocas (nenos e nenas). Ademais, 6 trasnos quedaron inscritos nunha lista de emerxencia por se eran necesarios. Deste xeito, este ano inscribíronse na campaña un total de 189 trasnos, unha cifra moi similar a de outros anos. Os veciños e veciñas que se anotaron como voluntarios/as, actúan como “paxes dos Reis Magos” achegando ese agasallo aos dous puntos Trasnos, situados nas Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro. Ao longo desta semana estanse entregando os agasallos para despois, os días 3 e 4 de xaneiro facer o reparto. O departamento de Servizos Sociais, a través da Oficina de Voluntariado, é a encargada de organizar dita campaña.

187 trasnos repartirán os agasallos que pediron case 200 zocos e zocas (nenos e nenas). Os veciños e veciñas que se anotaron como voluntarios/as, actuarán como “paxes dos Reis Magos” achegando ese agasallo aos “dous puntos Trasnos”. Este ano, debido ás restricións, estes dous lugares de recollida serán na Casa da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro. O departamento de Servizos Sociais, a través da Oficina de Voluntariado do Concello de Ames, é a encargada de organizar dita campaña.

O prazo de matrícula na Escola integral de maiores de Bertamiráns, coordinada pola OVA e dependente da Concellaría de Benestar Social, xa está aberto. As persoas maiores de 60 anos que queiran participar desta actividade deberán inscribirse chamando ao teléfono 662 377 044, a través do correo enviar un correo ao enderezo voluntariado@concellodeames.gal  ou acudir á Oficina de Voluntariado, na Casa da Cultura de Bertamiráns, de 10:00 a 13:00 horas. Nestas clases o alumnado adquirirá e repasará coñecementos como a lectura, a escritura ou as contas matemáticas básicas dun xeito dinámico. As clases comezarán no vindeiro 17 de febreiro e rematarán a finais de xuño.

O Concello de Ames, a través da Oficina de Voluntariado, organiza un novo curso de inglés básico para maiores. O curso desenvolverase por primeira vez no Milladoiro e está dirixido para persoas maiores que non teñan ningún tipo de formación en lingua inglesa. As clases comezarán este vindeiro 12 de febreiro e serán impartidas por unha profesora voluntaria. Serán os mércores e venres, en horario de 16.00 a 17.00 horas no Local Municipal situado na Rúa Agro do Medio n.º 8 (Antigo Centro de Saúde). Ofértanse un total de 12 prazas, que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición. Para participar, hai que enviar un correo electrónico ao enderezo voluntariado@concellodeames.gal ou a través do teléfono 662 377 044.

Trámites do departamento

Eventos del departamento

A Oficina de Voluntariado de Ames (OVA), dependente da Concellaría de Benestar Social, organiza unha excursión á Fortaleza de Valença do Minho, en Portugal, que terá lugar o mércores 1 de febreiro. A actividade está dirixida a persoas maiores de 60 anos, e os interesados en inscribirse xa poden facelo, ata o 26 de xaneiro, chamando aos números 683 18 63 44 ou 662 37 70 44. O custo é de 25 euros e inclúe xantar e desprazamento.

A Festa do Entroido do programa Amessan celebrarase o venres 17 de febreiro, de 17.30 horas a 20.30 horas, na Casa da Cultura de Bertamiráns. Este ano a temática da festa xira arredor do antigo Oeste e anímase aos maiores a acudir disfrazados. Os asistentes poderán gozar de música ao vivo a cargo de Luis Rey e dunha pequena merenda. Haberá autobuses para asistir ao evento dende as paradas de costume, reservando praza chamando aos números 662 377 044 ou 683 327 378 (antes do 15 de febreiro ás 14:00 horas).

A Oficina de voluntariado informático de software libre de Ames, xunto co seu Banco de reciclaxe electrónica, continúa coa programación de obradoiros que comezou no pasado mes de xullo. Nesta ocasión o sábado, 1 de outubro, de 11:00 a 13:30 horas, impartirase no edificio do antigo centro de saúde do Milladoiro un obradoiro sobre seguridade dixital básica. Trátase de impartir actividades de divulgación das novas tecnoloxías en software libre entre os grupos sociais menos favorecidos. Aprenderase sobre conceptos básicos da seguridade dixital, para poder usar os nosos ordenadores e smartphones dunha forma mellor e máis segura. As persoas que queiran participar poden confirmar a súa asistencia premendo nesta ligazón.

A I Feira do Voluntariado de Ames rematará o sábado 29 de maio. Podes consultar aquí o programa de actividades. Tamén podes coñecer o horario, as persoas e os temas dos faladorios. A xornada comezará ás 11.00 horas coa actividade "Move o teu corpo", dirixida por BJ trainers. Ao longo do día haberá obradoiros infantis, para adultos, faladorios... Ás 20.00 horas clausurarase a Feira do Voluntariado cun concerto de Arévalo Gianneto Rock Soul.

Este venres, 3 de xullo, inaugurase na Casa da Cultura de Bertamiráns a mostra de pinturas de Marité Lamas Domínguez. Unha serie de interpretacións realizadas en acrílicos, lapis e acuarelas, durante os primeiros corenta días da corentena mundial 2020.