Actualidade

Esta semana comeza a quinta edición do ciclo Abril de Cine, unha iniciativa enmarcada dentro da programación deseñada polo departamento de Cultura do Concello de Ames e que ten a finalidade de achegar o cinema galego actual á veciñanza amesá. A primeira cita das tres sesións programadas no Abril de Cine deste ano terá lugar este xoves 3 de abril, ás 20.00 horas no auditorio do Milladoiro, coa proxección do filme “Prefiro condenarme”, de Margarita Ledo. A xornada contará cunha presentación previa á proxección da película e, ao finalizar, haberá un coloquio coa directora do filme, Margarita Ledo. As entradas xa se poden adquirir a través da Billeteira electrónica do Concello de Ames.

A asociación Centro Cultural Mahía, a través do seu club de lectura, organiza este sábado 29 de marzo o encontro literario co escritor Marcos Calveiro e na que se falará da súa obra “O xardineiro dos ingleses”, publicada no 2017. Esta sesión forma parte da iniciativa “Libro, café, conversa”, promovida polo propio club de lectura, na se realizarán varias xornadas de coloquios con diferentes autores literarios. A actividade terá lugar ás 17 h no primeiro andar do centro cultural de Bugallido e a entrada será libre ata completar aforo.

Ames conmemora o Día Mundial do Teatro coa publicación dun vídeo que protagonizan os rapaces e rapazas que integran a Escola Municipal de Teatro. A través deste vídeo, no que se conta a historia dunha misteriosa maleta, queren compartir a súa paixón pola escena e desexarlle a toda a veciñanza un día cheo de arte, emoción e moita maxia teatral. Actualmente estase desenvolvendo a programación cultural do primeiro semestre de 2025, que inclúe trece espectáculos de teatro, danza e circo e que se representan de xaneiro a maio.

O Concello de Ames, a través do departamento de Cultura, continúa coa programación do Ames Cultural 2025. Nesta ocasión, o auditorio de Bertamiráns acollerá este venres, ás 20.30 horas, a representación de “As Desterradas”, de Producións Teatrais Excéntricas. As portas abriranse ás 20.15 horas e prégase puntualidade a todas as persoas asistentes. Esta programación forma parte do convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e o Concello de Ames.

Este mércores, 26 de marzo, o Pazo da Peregrina de Bertamiráns acollerá un coloquio aberto á veciñanza sobre a peza teatral “As desterradas”. Nesta charla participarán Carme Varela, escritora da obra, e Quico Cadaval, director da obra. A actividade terá lugar ás 19.00 horas e a entrada será libre ata completar aforo. Este encontro é unha actividade de mediación que realiza a compañía Producións Teatrais Excéntricas por estar a realizar unha residencia artística no noso concello.

O Concello de Ames, a través do departamento de Cultura, continúa coa súa ampla oferta de espectáculos no ámbito das artes escénicas. Neste lugar, o vindeiro martes 25 de marzo, ás 20.30 horas, o auditorio do Milladoiro acollerá a representación da obra “Ubasute” de Berrobambán. Os convites para esta obra pódense descargar de xeito gratuíto na Billeteira electrónica do Concello de Ames. Esta programación é unha actividade de mediación que a compañía Berrobambán desenvolve por estar a facer unha residencia artística no noso concello.

O Concello de Ames, a través do departamento de Cultura, continúa coa programación de artes escénicas neste primeiro semestre do 2025. Nesta ocasión, o auditorio do Milladoiro acollerá este venres, ás 20.30 horas, a estrea de TROMSØ, a nova peza teatral da compañía Morraoconto. As portas abriranse ás 20.15 horas e prégase puntualidade a todas as persoas asistentes. Esta programación forma parte do convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e o Concello de Ames.

O Concello de Ames, a través da Escola Municipal de Teatro, organiza para os vindeiros días 2 e 9 de abril un obradoiro de técnicas teatrais para o des-estrés. A actividade terá lugar na Casa da Cultura do Milladoiro, en horario de 19.00 a 21.00 horas. O prazo para inscribirse comeza hoxe, martes 18 de marzo, e estará aberto ata o vindeiro día 27. Para participar, é preciso enviar un correo electrónico ao enderezo cultura@concellodeames.gal con nome, apelidos e un número de teléfono. Hai 15 prazas dispoñibles e adxudicaranse por orde de inscrición.

O Concello de Ames, a través do departamento de Cultura, continúa coa súa programación de artes escénicas para este 2025, desta volta coa estrea do espectáculo de danza e clown “Dance Join”, de Marta Alonso. A actuación terá lugar este xoves, 20 de marzo, ás 20.30 horas, no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro. As portas abriranse ás 20.15 horas e prégase puntualidade a todas as persoas asistentes. A ocupación ata o momento é do 21% das butacas dispoñibles. Aínda se poden adquirir entradas para asistir na Billeteira electrónica do Concello de Ames. Esta programación forma parte do convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e o Concello de Ames.

O Concello de Ames, a través do departamento de Cultura, continúa coa súa programación de artes escénicas neste 2025. Desta vez, o auditorio de Bertamiráns acollerá mañá a representación da peza “Reconversión”, de Ibuprofeno Teatro, que narra as mobilizacións do sector naval na Ría de Vigo. As portas abriranse ás 20.15 horas e prégase puntualidade a todas as persoas asistentes. Esta programación forma parte do convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e o Concello de Ames.
- 1 de 63
- seguinte ›