Axenda

O Concello de Ames súmase un ano máis á conmemoración do aniversario de Rosalía de Castro, unha das escritoras máis universais de Galicia e que, ademais, foi veciña da aldea da Tarroeira, na parroquia de Ortoño, durante unha parte da súa infancia.A programación deste ano, como vén sendo habitual, busca a participación da veciñanza, ofertando unha ampla variedade de actividades para todas as idades, mais poñendo o foco na poboación máis nova. Deste xeito, a programación deste ano pretende estimular e dinamizar o uso do galego entre a mocidade amesá, poñendo en valor e achegándolles referentes en canto ao uso da nosa lingua.

O mes de abril é, por excelencia, o Mes do Libro, pois o día 2 celébrase o Día Internacional do Libro Infantil e o 23 é o Día Internacional do Libro. Como cada ano, ambas as dúas efemérides traen un mes de programación especial nas bibliotecas do concello de Ames. Desta volta, o mes do libro incluirá obradoiros, sesións de contacontos, encontros literarios, concursos de debuxo, teatro infantil, visitas escolares do alumnado da EEI do Milladoiro á biblioteca do Milladoiro, etc. Deste xeito, o luns 28 de abril, chegará ao auditorio do Milladoiro "A biblioteca galáctica contra a IA fantástica", de Tanxarina Teatro.

A Aula da Natureza xa ten lista a súa programación para estes meses de primavera, na que se inclúen varios obradoiros e visitas guiadas para gozar da paraxe que nos ofrece a natureza nesta época do ano. O mes de maio comezará con “Vida castrexa”, unha xornada dirixida para a rapazada de 6 a 14 anos na que coñecerán de primeira man como era o mundo na Idade Media, descubrindo, da man de Francisco Ameixeras, os petróglifos ou as pinturas rupestres da época. A actividade desenvolverase o sábado 3 de maio, en horario de 11.00 a 17.30 horas, nas instalacións da Aula da Natureza, e haberá 25 prazas dispoñibles.

O programa SaúdeAndo 2025 continúa neste mes de maio. Estes percorridos, organizados pola Concellaría de Promoción da Saúde, organízanse cada xoves de semanas alternas ao longo de todo o ano nas localidades de Bertamiráns e do Milladoiro. Son rutas de dificultade media-baixa e que contan cunha duración aproximada de entre unha hora e hora e media.

O Concello de Ames presenta a programación infantil con Apego para o primeiro semestre do 2025 na que colaboran os departamentos de Bibliotecas, Cultura e Normalización Lingüística. O programa inclúe arredor de 40 actividades dirixidas a familias con crianzas que se desenvolverán entre os meses de xaneiro e xuño. Na ampla variedade de propostas, coas que tamén se festexará o ano das cantareiras, podemos atopar actividades que van desde arrolos, música de diferentes estilos, obradoiros, teatro, contos, picadiscos, novo circo, unha foliada, fotografía, xogos, unha viaxe, maxia e unha festaza con moito Apego, todas elas co obxectivo de achegarlles ás familias recursos lúdicos e culturais que estimulen o coñecemento e o apego pola lingua.

A Aula da Natureza xa ten lista a súa programación para estes meses de primavera, na que se inclúen varios obradoiros e visitas guiadas para gozar da paraxe que nos ofrece a natureza nesta época do ano. Os días 9 e 10 de maio as protagonistas serán as plantas medicinais. Deste xeito, o venres 9 realizarase unha exposición na Casa da Cultura do Milladoiro dunhas 150 plantas medicinais coas súas respectivas fichas de identificación sobre os diferentes usos que ten cada unha delas. Nesa mesma xornada, haberá un coloquio para afondar e divulgar sobre os usos das plantas medicinais na nosa vida cotiá. En canto á xornada do sábado 10, realizarase unha recollida de herbas medicinais, en horario de 11.00 a 14.00 horas. Para esta última actividade, hai 40 prazas dispoñibles.

O departamento de Bibliotecas do Concello de Ames, dependente da Concellería de Cultura, Turismo, Axenda Urbana e Comunicación, presenta a súa programación de contacontos para os primeiros meses do ano e que, como vén sendo habitual, traerá ata as bibliotecas do Milladoiro e Bertamiráns as mellores historias para que os máis cativos de Ames poidan gozar da lectura.

O programa SaúdeAndo 2025 continúa neste mes de maio. Estes percorridos, organizados pola Concellaría de Promoción da Saúde, organízanse cada xoves de semanas alternas ao longo de todo o ano nas localidades de Bertamiráns e do Milladoiro. Son rutas de dificultade media-baixa e que contan cunha duración aproximada de entre unha hora e hora e media.

O Concello de Ames presenta a programación infantil con Apego para o primeiro semestre do 2025 na que colaboran os departamentos de Bibliotecas, Cultura e Normalización Lingüística. O programa inclúe arredor de 40 actividades dirixidas a familias con crianzas que se desenvolverán entre os meses de xaneiro e xuño. Na ampla variedade de propostas, coas que tamén se festexará o ano das cantareiras, podemos atopar actividades que van desde arrolos, música de diferentes estilos, obradoiros, teatro, contos, picadiscos, novo circo, unha foliada, fotografía, xogos, unha viaxe, maxia e unha festaza con moito Apego, todas elas co obxectivo de achegarlles ás familias recursos lúdicos e culturais que estimulen o coñecemento e o apego pola lingua.
- ‹ anterior
- 2 de 5
- seguinte ›