Axenda

Ex., 17-07-2024
Mércores, 17 de xullo de 2024

O mércores 17 de xullo, ás 21:00 horas, a bailarina Paula Quintás representará no parque do Ameneiral de Bertamiráns a súa proposta “Multiperspectivas#2”. Trátase unha proposta orixinal e novidosa que parte da perspectiva do espectador como reflexión contemporánea. Combina improvisación teatral, danza e circo, deixando espazo para a interacción co público e experimentando así cos límites das artes escénicas para enfrontarse coa realidade do espazo que nos rodea.

Xoves, 18 de xullo de 2024

Dentro do programa "Seráns de Ames", o xoves 18 Bugallido acollerá o espectáculo de danza-circo “A vida tola de Pajarito”, ás 20:00 horas, no campo da festa.

Venres, 19 de xullo de 2024

O vindeiro venres, 19 de xullo, o concello de Ames acollerá unha das xornadas do Festival Internacional de Danza e Movemento “Abanea”, organizado pola asociación IS.MO Cultura. Así, ao longo desta xornada desenvolveranse diversas actividades arredor da danza e do movemento, co obxectivo de impulsar esta disciplina entre a veciñanza.

Sábado, 20 de xullo de 2024

Os Concellos de Ames e Negreira únense un ano máis para organizar unha nova edición do programa Noites en Vela, que terá lugar o sábado 20 de xullo, a partir das 21:00 horas, na Ponte Maceira.

Luns, 22 de xullo de 2024

A programación estival municipal de xullo rematará coa festa de Santa María Madalena (Piñeiro),  coa actuación da agrupación Os Castros o luns 22 no Milladoiro.

Xoves, 01 de agosto de 2024

O xoves 1 de agosto os "Seráns de Ames" trasládanse a Tapia,  coa sesión de xogos “Xogos do Paporrubio” ás 17:30 horas, e o espectáculo de títeres “Varietés do Animalario”, ás 19:30 horas.

Xoves, 01 de agosto de 2024

O xoves 1 de agosto os "Seráns de Ames" trasládanse a Tapia,  coa sesión de xogos “Xogos do Paporrubio” ás 17:30 horas, e o espectáculo de títeres “Varietés do Animalario”, ás 19:30 horas.

Venres, 02 de agosto de 2024

A localidade do Milladoiro acolle un ano máis o festival Millarock, que chega á súa décimo terceira edición. O evento, organizado polo departamento de Cultura do Concello de Ames en colaboración coa Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia, busca promover o rock galego e impulsar a grupos emerxentes da contorna de Ames. Esta cita musical celebrarase o vindeiro 2 de agosto no anfiteatro do Milladoiro, onde actuarán os grupos Dakidarría, Agoraphobia, Biribirlocke e Onda Dagda. O persoal da escola de rock “A Casa do Rock” encargarase dos concertos didácticos e da impartición de obradoiros musicais. Nas vindeiras semanas iranse desvelando máis detalles sobre o cartel do Millarock.

venres, 02 de Agosto de 2024 a martes, 06 de Agosto de 2024

Durante a primeira semana de agosto, o Milladoiro celebra as festas da Madalena, que comezarán o venres 2 co festival Millarock, seguido da actuación de Requinta da Amaía e a orquestra Metrópolis o sábado 3, Airiños do Paseo de Colón xunto coa Banda de música de Brión e o Combo Dominicano o domingo 4, e a actuación das orquestras Panorama e Gran Parada os días 5 e 6 respectivamente.

Sábado, 03 de agosto de 2024

A semifinal do concurso Canta con Ames será o 3 de agosto, ás 19.00 horas, na praza de Manuel Murguía, no Milladoiro. A ela terán acceso as persoas clasificadas na fase de preselección, un máximo de 20 persoas en total, cada unha na categoría que lle corresponda. O xurado escollerá, ese mesmo día, un máximo de 12 seleccionados, tres por categoría, para pasar á final