Axenda

Ao longo do mes de abril, no que se conmemora o Mes do Libro, as bibliotecas municipais continúan coa programación dos Encontros Literarios. Deste xeito, o mércores 23 de abril, ás 20.00 horas, o Pazo da Peregrina acollerá a presentación de "Cuarto vértice" de Carlos Moreno. Ademais do autor da obra, nesta sesión dos encontros literarios estará presente Encarna Otero. Como vén sendo habitual, a entrada será libre ata completar aforo.

O programa SaúdeAndo 2025 continúa neste mes de abril. Estes percorridos, organizados pola Concellaría de Promoción da Saúde, organízanse cada xoves de semanas alternas ao longo de todo o ano nas localidades de Bertamiráns e do Milladoiro. Son rutas de dificultade media-baixa e que contan cunha duración aproximada de entre unha hora e hora e media.

A Escola Municipal de Música de Ames (EMMA) organiza un novo encontro coas escolas de música de Muros e Caldas de Reis. A xuntanza terá lugar o venres 25 de abril, ás 19:00 horas, na praza de Chavián, en Bertamiráns. Trátase da cuarta edición deste encontro, que se vén celebrando dende o ano 2022 e que acadou gran éxito entre a veciñanza amesá.

O Concello de Ames presenta a programación infantil con Apego para o primeiro semestre do 2025 na que colaboran os departamentos de Bibliotecas, Cultura e Normalización Lingüística. O programa inclúe arredor de 40 actividades dirixidas a familias con crianzas que se desenvolverán entre os meses de xaneiro e xuño. Na ampla variedade de propostas, coas que tamén se festexará o ano das cantareiras, podemos atopar actividades que van desde arrolos, música de diferentes estilos, obradoiros, teatro, contos, picadiscos, novo circo, unha foliada, fotografía, xogos, unha viaxe, maxia e unha festaza con moito Apego, todas elas co obxectivo de achegarlles ás familias recursos lúdicos e culturais que estimulen o coñecemento e o apego pola lingua.

O departamento de Bibliotecas organiza varias actividades no vindeiro mes de abril como parte da programación "Abril, mes do libro en Ames". Unha delas será un obradoiro de encadernación xaponesa, dirixido para as crianzas a partir de 3º de primaria. Na biblioteca do Milladoiro realizarase o venres 25 de abril ás 17 horas, mentres que en Bertamiráns será o sábado día 26 ás 11.30 horas.

O Concello de Ames oferta para o primeiro semestre de 2025 unha programación de artes escénicas composta por un total de 13 obras, de teatro, danza e circo, dirixidas para público adulto e infantil. Unha das actuacións será a da peza de danza contemporánea "Pioneiras", da compañía iXa, que se representará o 25 de abril, ás 20.30 horas, no auditorio da Casa da Cultura no Milladoiro. As entradas poden adquirirse na Billeteira electrónica a partir do 8 de xaneiro.

O sábado 26 de abril, ás 12.30 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro, presentarase o libro antolóxico que recompila os textos gañadores da edición XXI do Certame Literario do Concello de Ames.

O departamento de Bibliotecas organiza varias actividades no vindeiro mes de abril como parte da programación "Abril, mes do libro en Ames". Unha delas será un obradoiro de encadernación xaponesa, dirixido para as crianzas a partir de 3º de primaria. Na biblioteca do Milladoiro realizarase o venres 25 de abril ás 17 horas, mentres que en Bertamiráns será o sábado día 26 ás 11.30 horas.

A Aula da Natureza xa ten lista a súa programación para estes meses de primavera, na que se inclúen varios obradoiros e visitas guiadas para gozar da paraxe que nos ofrece a natureza nesta época do ano. Á volta de Semana Santa, o vindeiro sábado 26 de abril, terá lugar o obradoiro “Destilación de plantas aromáticas”, no que os participantes aprenderán a realizar a destilación das plantas de romeiro e eucalipto con alambique para, posteriormente, elaborar diferentes produtos. O taller realizarase nas instalacións da Aula da Natureza, en horario de 10.00 a 14.00 horas, e hai 20 prazas dispoñibles. Para participar, é preciso de inscrición previa.

O Concello de Ames súmase un ano máis á conmemoración do aniversario de Rosalía de Castro, unha das escritoras máis universais de Galicia e que, ademais, foi veciña da aldea da Tarroeira, na parroquia de Ortoño, durante unha parte da súa infancia.A programación deste ano, como vén sendo habitual, busca a participación da veciñanza, ofertando unha ampla variedade de actividades para todas as idades, mais poñendo o foco na poboación máis nova. Deste xeito, a programación deste ano pretende estimular e dinamizar o uso do galego entre a mocidade amesá, poñendo en valor e achegándolles referentes en canto ao uso da nosa lingua.
- 1 de 5
- seguinte ›