Pestanas principais

Departamento de Benestar Social

    • Unidade Municipal de Servizos Sociais de Bertamiráns (UTS BERTAMIRÁNS): Praza de Chavián s/n, Bertamiráns, 15220 - Ames (A Coruña)
      • Teléfono:  981 89 09 64
      • Horario de atención ao público Lunes a viernes de 9:00h a 14:00h
    • Unidade Municipal de Servizos Sociais do Milladoiro (UTS MILLADOIRO): Rúa de Abaixo, nº 10, O Milladoiro, 15895 - A Coruña
      • Teléfono:981 53 59 41
      • Horario de atención ao público Lunes a viernes de 9:00h a 14:00h
    • Responsable municipal: Concellaría de Benestar Social
Outros Datos: 
  • Programación actividades Amessan 2020-2021
  • Estrutura do servizo:
    UTS : Milladoiro e Bertamiráns
    As UTS ou Unidades de Traballo Social son a "porta de entrada" ao Sistema de Servizos Sociais e ofrecen un Servizo de Información público, para toda a poboación, desde onde se facilita de forma profesional e confidencial, información sobre os servizos sociais, recursos e prestacións a disposición das cidadás e cidadáns, así como os dereitos que teñen tanto a nivel individual como grupal.
  • Funcións
    Nelas valóranse as necesidades, oriéntase aos recursos máis axeitados, e intervense cando as persoas así o demandan, cara a garantir unha atención persoal e social de calidade, ofrecendo:
    • Información , valoración, diagnóstico e orientación  en canto a  dereitos, recursos e intervencións sociais.
    • Xestión do Servizo de Axuda no Fogar, Xantar na Casa, Fogar de tránsito, Programa de alimentos, Renda Básica Municipal, axudas de  emerxencia social.
    • Actuacións preventivas das situacións de risco e necesidade social do conxunto da poboación, intervindo para acadar a integración social.
  • Novas relacionadas
  • Axenda

Novas do departamento

A Casa da Cultura de Bertamiráns acollerá este xoves, 1 de decembro, a décimo segunda edición das xornadas Achégate á Igualdade, que están enmarcadas dentro do programa do Concello de Ames con motivo do 25-N. Trátase dunha serie de conferencias e mesas redondas sobre violencias machistas que están abertas a todo o público interesado, dende expertos na área ata educadores e educadoras, docentes, profesionais da psicoloxía, da orientación, da administración pública e pais e nais. Este ano as xornadas contarán coa intervención da activista e escritora feminista Amelia Tiganus. 

Máis de 120 persoas participaron este sábado na andaina pola Ruta do Tambre, organizada polas Concellarías de Sanidade e Medio Ambiente ao abeiro do programa SaudeAndo. Durante o percorrido, os/as participantes foron supervisados polo monitor de marcha nórdica Ricardo Angueira e guiados pola técnica municipal da Aula da Natureza, Patricia Reboreda. Trala camiñada, as/os paseantes puideron gozar dun almorzo saudable para recargar forzas, composto por gran variedade de froita, torradas, empanada e auga. O programa SaudeAndo ten como obxectivo o fomento da práctica de actividade física non contexto social e distendido.

A Concellaría de Benestar Social e Promoción da Saúde, dentro do seu programa de Andainas Saudables, organiza para este mes unha nova actividade pola ruta que conecta Noia e Portosín, que se desenvolverá este sábado, 10 de decembro. Haberá dispoñible un servizo de autobús, con saída dende a Casa da Cultura do Milladoiro ás 9:45 horas e dende a Praza do Concello de Bertamiráns ás 10:00 horas. Para participar cómpre inscribirse premendo nesta ligazón ata o xoves 8 de decembro, ás 14:00 horas.

A Concellaría de Benestar Social e Promoción de Saúde celebra a segunda sesión do programa de Andainas Saudables neste 2022, continuando co Xiro dos Montes. Tras teren completado a terceira e cuarta parada da ruta en xaneiro, as persoas participantes terán ocasión de percorrer a quinta e a sexta etapa do circuíto o próximo sábado 26 de febreiro, cuns 8,2 quilómetros entre o Monte de Vidán e o de Santas Mariñas. Para inscribirse, cómpre enviar un correo ao enderezo promociondasaude@concellodeames.gal, ata o xoves 24 de febreiro ás 14:00 horas. Haberá servizo de autobuses, que sairán ás 10:00 horas da praza do Concello, en Bertamiráns, e ás 10:15 horas da Casa da Cultura do Milladoiro.

A Concellaría de Benestar Social e Promoción da Saúde continúa en maio co seu programa de andainas saudables, nesta ocasión cunha ruta polas ribeiras do río Sar. O traxecto, de aproximadamente nove quilómetros, partirá de Bertamiráns para percorrer diferentes espazos naturais dos concellos de Ames e de Brión. Será este sábado 21 de abril, dende a praza do Concello, en Bertamiráns, ás 10:30 horas. As persoas que desexen participar poden inscribirse no enderezo electrónico promociondasaude@concellodeames.gal ata o xoves 19 de maio, ás 14:00 horas. Ademais, haberá servizo de autobuses dende a Casa da Cultura do Milladoiro, ás 10:15 horas.

A Concellaría de Benestar Social e Promoción de Saúde pecha as súas andainas saudables polo Xiro dos Montes, na que é a súa terceira sesión do ano 2022. As persoas participantes percorrerán a parte final do circuíto o próximo sábado 26 de marzo, cruzando os montes de Santa Mariñas, o Gaiás e o Viso. Para inscribirse, cómpre enviar un correo ao enderezo promociondasaude@concellodeames.gal, ata o xoves 24 de marzo ás 14:00 horas. Haberá servizo de autobuses, que sairán ás 10:00 horas da praza do Concello, en Bertamiráns, e ás 10:15 horas da Casa da Cultura do Milladoiro.

A Concellaría de Benestar Social e Promoción da Saúde prosegue o seu programa de andainas saudables en outubro, cunha saída pola Vía Verde entre os concellos de Cerceda e Oroso. O percorrido, duns quince quilómetros, discorre sobre o antigo trazado ferroviario pertencente á liña Santiago – A Coruña. Será o sábado 8 de outubro, con saída en autobús dende Bertamiráns, ás 9:00 horas, e dende O Milladoiro, ás 9:15 horas. Para participar, cómpre inscribirse no enderezo electrónico promociondasaude@concellodeames.gal, ata o xoves 6 de outubro, ás 14:00 horas.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Benestar Social e Igualdade, organiza para este venres 14 de marzo a quinta edición da carreira da muller “Moitos camiños, mesma meta”, que se celebrará na área deportiva do Milladoiro. Trátase dunha cita deportiva lúdica e non competitiva, incluída dentro do programación conmemorativa do Día Internacional da Muller. O obxectivo da proba, que comezará ás 17:30 horas, é reivindicar os distintos atrancos aos que se ven sometidas todas as mulleres no día a día, a través dos nove obstáculos que se instalarán no circuíto. A inscrición, de balde, pode realizarse en liña premendo nesta ligazón. Neste evento familiar poden participar nenos/as de 5 anos en diante e persoas adultas, que terán que completar un percorrido de 600 metros.

A cuarta edición do festival de arte urbana con perspectiva de xénero, o Delas Fest, vén de rematar as súas actividades no concello de Ames, que serve como unha das sedes do certame, xunto a Brión, Santiago e Teo. Neste senso, a artista uruguaia Cecilia Rodríguez Oddone, coñecida como Ceciro, creou un mural na antiga escola unitaria de Firmistáns, que titulou “A ruta das leiteiras”, e que serve de homenaxe a un dos labores tradicionais das mulleres amesás, que era o traslado de leite e auga a pé con caldeiras na cabeza. Ademais, no palco da festa de Bugallido realizouse un obradoiro de iniciación á pintura con spray, que dirixiu o equipo de 7H Cooperativa Cultural, a organizadora do proxecto Delas Fest.

Rematou unha nova edición do Delas Fest no concello de Ames. Entre o 3 e o 9 de setembro, a artista uruguaia Fitz Licuado pintou un mural na parte traseira da Casa da Cultura do Milladoiro, que representa a loita das mulleres contra o patriarcado. Ademais, o equipo de 7H Cooperativa Cultural, organizadores do evento, impartiu o pasado sábado, 5 de setembro, un obradoiro de arte urbana con spray no parque de Correos, no Milladoiro. O Delas Fest é o primeiro festival de arte urbana con perspectiva de xénero de Europa. É o segundo ano que Ames acolle esta iniciativa.

Eventos del departamento

O Día Internacional da Muller, o 8 de marzo, celebrarase o tradicional acto institucional diante da Casa do Concello, en Bertamiráns, ás 18:00 horas. Nel farase a lectura do manifesto institucional e repartirase material promocional. Así mesmo, o alumnado da Escola Municipal de Música de Ames (EMMA) realizará unha actuación musical. Por outra banda, instalaranse diversos “bocadillos” co símbolo feminista e con varias frases que contradín algúns dos mitos máis comúns do amor romántico, para que todas as persoas que o desexen poidan tomar unha foto a modo de "photocall". 

A Concellaría de Saúde e Benestar Social de Ames organiza este venres 29 de outubro unha andaina co gallo da celebración do Samaín. A excursión a pé, cun percorrido aproximado duns oito quilómetros, partirá do Pazo da Peregrina de Bertamiráns, ás 20:00 horas, e estará teatralizada polos Quinquilláns. As prazas están limitadas a 50 persoas, polo que cómpre inscribirse, ata o venres 29 ás 12:00 horas, chamando ao 649 450 264 ou enviando un correo ao enderezo promociondasaude@concellodeames.gal. A organización indica que será necesario levar lanternas, e anima ás persoas participantes a asistiren disfrazadas.

A Concellaría de Deportes e Promoción da Saúde, dentro do programa municipal de Andainas Saudables, organiza un percorrido pola segunda etapa do Camiño de Santiago dende o Barbanza, “A orixe”. A ruta realizarase o sábado 29 de abril. Os participantes camiñarán arredor de 15 quilómetros, partindo dende a praia do Vilar e chegando ata a praza Porta do Sol, en Ribeira. Os interesados en participar poden inscribirse cubrindo este formulario ata o mércores, día 26. Haberá servizo de autobuses con saída dende a praza do Concello, en Bertamiráns, ás 09:00 horas; e dende a Casa da Cultura do Milladoiro ás 9:15 horas. 

A Concellaría de Benestar Social e Promoción da Saúde dálle continuidade ao programa municipal de andainas saudables cunha nova actividade pola ruta da Illa de Arousa. Esta ruta que se realizará o vindeiro sábado, 18 de xuño, ten unha distancia aproximada de 12 quilómetros. As persoas que desexen participar poden inscribirse no enderezo electrónico promociondasaude@concellodeames.gal ata o xoves, 16 de xuño, ás 14:00 horas. Haberá servizo de autobuses, que sairán ás 9:00 horas da praza do Concello, en Bertamiráns, e ás 9:15 horas da Casa da Cultura do Milladoiro. Ofértanse 70 prazas para esta actividade.

O programa SaúdeAndo é unha iniciativa da Concellaría de Promoción da Saúde, en colaboración cos centros de saúde do Milladoiro e de Bertamiráns. Como é habitual, será dende estes propios centros de saúde onde comecen as 38 andainas circulares programadas ao longo do ano, que se organizan cada xoves de semanas alternas, ás 17:30 horas, con rutas de dificultade media-baixa e de entre unha hora e hora e media de duración. Estas saídas van sempre acompañadas da presenza dun monitor de marcha nórdica, pensado para as persoas que desexen practicar esta modalidade, sempre de maneira voluntaria.

Nesta ocasión, a iniciativa encádrase dentro da programación da campaña "Que o meu machismo non se converta no teu problema", que conmemora o Día internacional da eliminación da violencia contra a muller, e a andaina será en contra das violencias machistas.

O programa SaúdeAndo é unha iniciativa da Concellaría de Promoción da Saúde, en colaboración cos centros de saúde do Milladoiro e de Bertamiráns. Como é habitual, será dende estes propios centros de saúde onde comecen as 38 andainas circulares programadas ao longo do ano, que se organizan cada xoves de semanas alternas, ás 17:30 horas, con rutas de dificultade media-baixa e de entre unha hora e hora e media de duración. Estas saídas van sempre acompañadas da presenza dun monitor de marcha nórdica, pensado para as persoas que desexen practicar esta modalidade, sempre de maneira voluntaria.

Nesta ocasión, a iniciativa encádrase dentro da programación da campaña "Que o meu machismo non se converta no teu problema", que conmemora o Día internacional da eliminación da violencia contra a muller, e a andaina será en contra das violencias machistas.

A asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí organiza este próximo sábado 7 de maio unha andaina solidaria co fin de recadar fondos para unha caravana de alimentos que se vai enviar proximamente aos campamentos de refuxiados saharauís. Percorrerase a ruta do Rego da Andoriña, partindo da praia fluvial de Tapia ás 10:30 horas. As persoas participantes colaborarán achegando unha cantidade simbólica de cinco euros, e un euro máis no caso de seren acompañadas dalgunha mascota. Para participar na actividade, na que colabora o Consello sectorial de nenas e nenos do Concello de Ames, cómpre contactar co número de teléfono 609 76 49 45, ou ben escribir ao enderezo eybarra.sogaps@gmail.com.

A Concellaría de Benestar Social e Promoción da Saúde, dentro do programa municipal de Andainas Saudables, organiza a primeira etapa do “Xiro Grande dos Montes de Compostela”. A ruta realízase este sábado, 5 de novembro. Percorreranse 13 quilómetros, partindo dende Santa Lucía ata chegar á Lavacolla. Os interesados en participar poden inscribirse cubrindo o seguinte formulario ou enviando un correo ao enderezo electrónico promociondasaude@concellodeames.gal ata o xoves 3 de novembro, ás 14:00 horas. Haberá servizo de autobuses con saída dende a Praza do Concello, en Bertamiráns, ás 9:45 horas, e dende a Casa da Cultura do Milladoiro ás 10:00 horas.

A Concellaría de Benestar Social e Promoción de Saúde celebra a segunda sesión do programa de Andainas Saudables neste 2022, continuando co Xiro dos Montes. Tras teren completado a terceira e cuarta parada da ruta en xaneiro, as persoas participantes terán ocasión de percorrer a quinta e a sexta etapa do circuíto o próximo sábado 26 de febreiro, cuns 8,2 quilómetros entre o Monte de Vidán e o de Santas Mariñas. Para inscribirse, cómpre enviar un correo ao enderezo promociondasaude@concellodeames.gal, ata o xoves 24 de febreiro ás 14:00 horas. Haberá servizo de autobuses, que sairán ás 10:00 horas da praza do Concello, en Bertamiráns, e ás 10:15 horas da Casa da Cultura do Milladoiro.

A Concellaría de Benestar Social e Promoción da Saúde, dentro do seu programa de Andainas Saudables, organiza unha nova actividade pola ruta das Furnas (Porto do Son), que se desenvolverá o sábado 4 de febreiro. Haberá dispoñible un servizo de autobús, con saída dende a Casa da Cultura do Milladoiro ás 9:15 horas e dende a praza do Concello de Bertamiráns ás 9:30 horas. Para participar cómpre inscribirse premendo na seguinte ligazón ou escaneando o código QR do cartaz anexo ata o xoves 2, ás 14:00 horas.