Axenda

Ex., 17-07-2024
sábado, 03 de Agosto de 2024 a domingo, 04 de Agosto de 2024

Dentro da programación estival municipal,  tamén as distintas parroquias do concello celebrarán as súas festas patronais durante o mes de agosto. O sábado 3,  Tapia inaugurará as súas festas patronais con Airiños do Paseo de Colón. Ao día seguinte, o día 4, actuará a Requinta da Amaía.

Domingo, 04 de agosto de 2024

Dentro da programación estival municipal,  tamén as distintas parroquias do concello celebrarán as súas festas patronais durante o mes de agosto. O día 4,  o coro Antonio Santomil chegará a Covas para celebrar a festa da Virxe do Carme.

mércores, 07 de Agosto de 2024 a domingo, 11 de Agosto de 2024

Bertamiráns dará comezo ás festas da Peregrina o mércores 7 da man da orquestra París de Noia. O xoves 8 será a quenda da orquestra Los Satélites. Deseguido, chegarán Guadi Galego e La Banda de Ayer o venres 9,  e a Requinta da Amaía e a Coral Lojo Batalla xunto con Los Coleguitas o sábado 10. As festas rematarán o día 11 coas actuacións de Airiños do Paseo de Colón, da Banda de música de Lousame e da orquestra Tania Veiras.

Xoves, 08 de agosto de 2024

O xoves 8 ás 20:00 horas, o campo da festa de Agrón acollerá o espectáculo de versións musicais de “A banda de Nash”, dentro do programa "Seráns de Ames".

Xoves, 08 de agosto de 2024

No verán tamén haberá espazo para facer deporte. Durante este mes desenvolverase a actividade “Camiñando no solpor”: será os días 8 e 22 no Milladoiro, e o día 29 en Bertamiráns. En ambas localidades o punto de encontro será os centro de saúde, ás 20:00 horas.

Sábado, 10 de agosto de 2024

Dentro da programación estival municipal, a Aula da Natureza organiza Noite de Estrelas, unha xornada para gozar da astronomía dende o alto de san Marcos. A actividade, dirixida a todos os públicos, desenvolverase o sábado 10 de agosto entre as 21:00 horas e as 00:00. Os asistentes, guiados polo experto astrónomo Antón Bouza, achegaranse á lúa, ás galaxias, ás constelacións e poderán descubrir planetas como Venus, Saturno ou Xupiter.

Domingo, 11 de agosto de 2024

A gran final do concurso terá luagr o 11 de agosto, ás 19.00 horas, no parque do Ameneiral, en Bertamiráns. Na fase final as 12 persoas aspirantes interpretarán dous temas completos por participante e de diferente estilo musical.

Luns, 12 de agosto de 2024

Dentro da programación estival municipal,  tamén as distintas parroquias do concello celebrarán as súas festas patronais durante o mes de agosto. O día 12, Agrón contará coa actuación de As Maianas.

Venres, 16 de agosto de 2024

Dentro da programación estival municipal, a Aula da Natureza organiza Noite de Estrelas, unha xornada para gozar da astronomía desde o anfiteatro frente a igrexa do Milladoiro. A actividade, dirixida a todos os públicos, desenvolverase o sábado 10 de agosto entre as 21:00 horas e as 00:00. Os asistentes, guiados polo experto astrónomo Antón Bouza, achegaranse á lúa, ás galaxias, ás constelacións e poderán descubrir planetas como Venus, Saturno ou Xupiter.

Sábado, 17 de agosto de 2024

Dentro da programación estival municipal, a Aula da Natureza organiza Noite de Estrelas, unha xornada para gozar da astronomía desde o paseo do río de Bertamiráns. A actividade, dirixida a todos os públicos, desenvolverase o sábado 10 de agosto entre as 21:00 horas e as 00:00. Os asistentes, guiados polo experto astrónomo Antón Bouza, achegaranse á lúa, ás galaxias, ás constelacións e poderán descubrir planetas como Venus, Saturno ou Xupiter.