Pestanas principais

Departamento de Medio Ambiente

    • Aula da Naturaleza
      • Teléfono: 660 00 46 65
      • Horario de atención ao público de 9:00 a 14:00
      • Responsable técnico: Patricia Reboreda Cigarrán
    • Brigada de Garda Medioambiental
      • Telefono: 686 199 301
      • Horario de atención ao público de 9:00 a 14:00
      • Responsable técnico: María Victoria Arufe Vázquez.
Outros Datos: 

 

Brigada de Garda Medioambiental

  • Funcións da responsable da Brigada de Garda Medioambiental
    • Dirixir e planificar  as labores levadas a cabo pola Brigada de Garda Medioambiental
    • Coordinar a recollida de animais abandonados en zona pública  dentro do término municipal de Ames
    • Tramitar as licenzas de Animais Potencialmente Perigosos así como as  inscricións no Rexistro Municipal de Animais Potencialmente Perigosos de acordo a lexislación sectorial vixente.
    • Participar no deseño das campañas e do plan de actuación de medidas preventivas contra os incendios forestais
    • Xestionar e coordinar as tarefas relacionadas ca recollida de limpeza viaria, residuos domésticos (RAEE, voluminosos..)
    • Tramitar e xustificar subvencións destinadas a financiar actuacións medioambientais municipais
    • Xestionar e coordinar  as labores de desratización, desinsectación e desinfección  de  vías públicas, parques, xardíns, redes de sumidoiros,locais e dependencias de titularidade municipal.
    • Xestionar e Coordinar as labores de Prevención e Control da Lexionela nas instalacións deportivas municipais.
    • Atender a veciñanza en relación a distintas temáticas relacionadas ca lexislación sectorial forestal , de residuos, de animais etc. Informar acerca dos distintos temas ambientais para a iniciación dos seus correspondentes expedientes.
  • Funcións dos peóns  Brigada de Garda Medioambiental:
    • Recoller os distintos puntos de vertido incontrolado  das zonas públicas contribuíndo a recuperación de zonas degradadas
    • Mantemento, xestión dos rutas de sendeirismo do concello, incluíndo a realización de desbroces de maleza, vixilancia, sinalización, reposición de infraestruturas deterioradas ou destruídas, e conservación de elementos patrimoniais e arquitectónicos.
    • Participación e colaboración en campañas de sensibilización ambiental.

Responsable da Aula da Natureza

  • Funcions:

1º bloque

    • MEDIO NATURAL
      • VIDA DE ECOSISTEMAS TERRESTRES
        • Planificar e coordinar plans de control de especies exóticas invasoras.
        • Planificar e coordinar plans de conservación, mellora  recuperación e restauración de zonas degradadas.
        • Espazo Rede Natura 2000.
        • Busca, apertura, adecuación e dotación de elementos interpretativos en rutas ambientais do concello.
      • VIDA DE ECOSISTEMAS FLUVIAIS
        • Revisión dos tramos de rios e regos urbanos de competencia municipal.
        • Coordinación do Proxecto ríos no Concello de Ames.
        • Establecemento e dirección das diferentes fases do Plan de recuperación das beiras do rio Sar.
      • LOITA FRONTE A LUMES FORESTAIS
        • Coordinación dos traballos realizados ao abeiro do Plan Municipal de Plantación de frondosas caducifolias.
        • Participación no deseño e implementación dos plans municipal de defensa fronte a incendios forestais.
      • COMPOSTAXE
        • Coordinación do Programa de compostaxe comunitario do concello de Ames.
      • COORDINACIÓN DE BRIGADAS TEMPORAIS:
        • Coordinación da Brigadas Aprol forestal – fluvial.
        • Coordinación da Brigadas Aprol: actualización  PMPDIF.
        • Coordinación da Brigada de Espazos Naturais.
        • Coordinación da Brigadas de protección e defensa fronte lumes forestais baixo o amparo do convenio Xunta - Concellos.

2º bloque

    • EDUCACIÓN AMBIENTAL
      • DINAMIZACIÓN DUN PROGRAMA  DE EDUCACIÓN AMBIENTAL E ACHEGAMENTO AO MEDIO
        • Dirección, xestión e coordinación  do plan anual de educación ambiental e achegamento ao medio
      • .COLABORACIÓN COS CENTROS EDUCATIVOS MUNICIPAIS NA DIFUSIÓN DOS OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE DA ONU
        • Elaboración de proposta, coordinación e desenvolvemento cos centro escolares e ANPAS municipais de obradoiro, actividades  e saídas ambientais que sirvan como complemento ao currículo escolar relacionadas co medio natural e con prácticas medioambientais saudables. Ademais, a Aula recolle propostas de traballo dos centros e planifícanse proxectos en conxunto.
      • PRÁCTICAS MEDIOAMBIENTAIS SUSTENTABLES.
        • Fomento de prácticas medioambientais sustentables mediante o deseño e impartición de obradoiro e actividades en torno a campañas de aforro de enerxía no fogar.
        • Deseño e dinamización da campaña de uso racional da auga.
        • Deseño e dinamización da campaña de compostaxe familiar.
        • Deseño e dinamización da campaña Fogares verdes.
        • Deseño e dinamización da campaña oficinas sostible
    • DESEÑO, ESTABLECEMENTO E SEGUIMENTO DAS HORTAS SOSTIBLE E SOLIDARIAS DO CONCELLO DE AMES.
    • TITORIZACIÓN DE PRÁCTICAS DE CICLOS FORMATIVOS RELACIONADOS CA EDUCACIÓN AMBIENTAL E ACHEGAMENTO AO MEDIO NATURAL E FORESTAL.

3º bloque

    • ATENCIÓN Á VECIÑANZA
      • Facilitar información medioambiental e forestal.
      • Colaboración na realización de trámites administrativos relacionados co medio rural e o medio ambiente.
      • Identificación veciñal de terreos particulares que pertencen as faixas secundarias de protección fronte a lumes forestais.
    • TRABALLOS TÉCNICOS DE XESTIÓN:
      • Tramitación de solicitude de subvencións.
      • Redacción de pregos técnicos de contratación.
      • Participación en comisións, mesas e asesoramento en tribunais.
      • Elaboración de ordenanzas.
      • Redacción de subvencións.

Novas do departamento

Coa intención de facer máis levadeiro este período de confinamento, a Aula da Natureza do Concello de Ames irá publicando na páxina web municipal diferentes actividades para realizar na casa. Desta volta, proponse un obradoiro artesanal de xabón, co que as familias poderán elaborar os seus propios xabóns coñecendo as particularidades e gamas que ofrece a súa realización. Ao pé desta nova podes acceder ás instrucións e coñecer máis en profundidade as características desta primeira actividade para realizar no fogar. A elaboración do xabón correrá a cargo dun adulto, mentres que os nenos e nenas da casa poderán colaborar nunha segunda fase de acabado e ornamentación.

O Concello de Ames, a través da Aula da Natureza, achéganos a observación e seguimento da chegada, aniñado e cría dos polos de andoriñas e cirrios. Unhas aves que chegan ao noso concello na primavera, despois dunha longa viaxe para realizar nas nosas terras a reprodución, alimentación e aprendizaxe dos seus polos. Por iso, a Aula da Natureza anima a veciñanza amesá, amante da natureza a participar, con diversas actividades propostas no documento anexo ao pé desta nova, na conservación e coñecemento destas aves.

A Concellería de Transición Ecolóxica e Medio Rural, a través da Aula da Natureza, tiña programado para esta primavera un curso de horta sostible. Pero debido ás circunstancias por todos coñecidas de illamento social, non se puido levar a cabo. Por iso, a Aula ofrece unhas instrucións e consellos para que os nosos autocultivos de produtos desta tempada sexan un éxito.

A Aula da Natureza vén de presentar a programación de actividades para este outono. Durante os meses de setembro, outubro e novembro vai a realizar oito actividades sobre as conservas tradicionais de froitas e hortalizas, a limpeza simultánea de ríos promovida por ADEGA en toda Galicia, acampadas na Aula da Natureza, saídas para recoller cogomelos, obradoiro de tecido natural, a segunda edición da feira do monte “Tanto monte, monta tanto”, obradoiro de anacos de bosque: xoias con materias do monte, e unha observación dende o monte de San Marcos do ceo de inverno. Para inscribirse nas actividades de dita programación haberá un prazo de inscrición específico para cada unha delas. O período de inscrición abrirá 10 días antes aproximadamente da realización de cada actividade. Para inscribirse nestas actividades hai que enviar a ficha de inscrición ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal. A programación ao completo pode consultarse premendo nesta ligazón.

O Concello de Ames, a través da Aula da Natureza, organiza este outono as xornadas “Arredor dos castiñeiros”, que se desenvolverán nos meses de setembro, outubro e novembro. Serán catro sesións centradas nos castiñeiros que contarán con charlas, obradoiros participativos e visitas a empresas de transformación de castaña. Para participar nas distintas actividades é precisa inscrición previa. As persoas interesadas deben enviar o formulario de inscrición ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal, indicando a actividade na que se quere participar. Para máis información pódese chamar ao número de teléfono 660 00 46 65.

A Aula da Natureza organiza o vindeiro sábado, 3 de febreiro, un obradoiro de creación da máscaras de Entroido con materiais naturais. Esta actividade está dirixida a rapaces e rapazas de entre 6 e 14 anos, e realizarase en horario de 11:00 a 17:30 horas nas instalacións da Aula da Natureza, no lugar de Quintáns (Ameixenda).  Para inscribirse é preciso enviar a ficha de inscrición ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal, antes do venres 2 de febreiro ás 14:00 horas.

A Aula da Natureza organiza este sábado, 6 de abril, un obradoiro de construción de refuxios para morcegos. Esta actividade está dirixida a rapaces e rapazas de entre 8 e 14 anos, e realizarase en horario de 11:00 a 14:00 horas na Carballeira dos Trasgos, en Paramuíño. Para inscribirse é preciso enviar a ficha de inscrición ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal. Ofértanse un total de 35 prazas, que se cubrirán por orde de inscrición. En caso de choiva, o obradoiro farase nas instalacións da Aula da Natureza, no lugar de Quintáns (Ameixenda).

A Aula da Natureza propón para o próximo sábado 28 maio unha excursión ao Parque Natural de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán, situado en Ribeira. Alí realizarase unha ruta ornitolóxica, guiada por profesionais da ONG ambiental SEO/BirdLife, nunhas áreas húmidas de importancia internacional polo paso de aves que aniñan no ecosistema. Haberá servizo de autobús en Bertamiráns, dende o Pazo da Peregrina, con saída ás 10:00 e regreso ás 17:45 horas. Pola súa banda, dende a Casa da Cultura do Milladoiro a ida e a volta serán ás 10:15 e ás 17:30 horas. Para inscribirse, cómpre enviar esta ficha de inscrición ao correo auladanatureza@concellodeames.gal.

“Ruta de inverno” é o título da andaina proposta pola Aula da Natureza, pertencente á Concellería de Transición Ecolóxica e do Medio Rural, para o próximo sábado 19 de decembro. A veciñanza de Ames poderá participar nun percorrido de 5 quilómetros co que se pretende dar a coñecer o bosque durante o inverno, a relevancia dos musgos e liques, os froitos de inverno e o papal da luz no sotobosque. O prazo para inscribirse está aberto ata ás 14.00 horas do venres 18 de decembro. Ofértanse 20 prazas. Para inscribirse hai que enviar un correo electrónico ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal.

A Aula da Natureza organiza, dentro da programación de Nadal do Concello de Ames, tres novas actividades: unha observación astronómica, que se celebrará este sábado, 17 de decembro, un obradoiro de postais de Nadal con material natural, que terá lugar o domingo 18, e un campamento de natureza, entre o 27 e o 30 de decembro. Os interesados en participan deben inscribirse previamente, e para máis información pódese escribir ao enderezo electrónico auladanatureza@concellodeames.gal ou chamar ao teléfono 660 00 46 65.

Eventos del departamento

A Aula da Natureza organiza o sábado 7 de maio unha Festa dos Maios, pensada para a rapazada de entre 6 e 16 anos. As persoas participantes repartiranse varias tarefas centradas no proceso de elaboración dos maios ao longo da xornada, co fin de coñecer e gozar desta celebración tradicional. A proposta desenvolverase de 11:00 a 18:00 horas na Aula da Natureza, e contará con servizo de autobús. Para inscribirse nas 40 prazas dispoñibles, cómpre enviar a ficha de inscrición ao enderezo electrónico auladanatureza@concellodeames.gal.

O día 16 de marzo inaugurarase a última iniciativa da programación organizada polo Concello de Ames con motivo da conmemoración do Día de Rosalía, a exposición "O herbario de Rosalía". Trátase dunha mostra na que se recolectarán diversas plantas e flores plasmadas na obra da escritora, e que estará aberta aos visitantes ata o domingo 2 de abril, no Pazo da Peregrina (Bertamiráns). Ás 13:45 horas terá lugar a plantación da camelia híbrida doada pola Fundación Rosalía, e ás 14:00 horas procederase á inauguración do espazo. 

O sábado 26 de febreiro remata o programa “Inverno de chocolate” da Aula da Natureza, dirixido á rapazada dos 6 aos 12 anos, cunha xornada dedicada ao Entroido e á súa cociña tradicional. As nenas e nenos que asistan aprenderán a facer filloas e orellas, así como a elaborar doces con produtos locais. A proposta desenvolverase de 11:00 a 18:00 horas na Aula da Natureza, e contará con servizo de autobuses. Para inscribirse nas 25 prazas dispoñibles, cómpre enviar a ficha de inscrición ao enderezo electrónico auladanatureza@concellodeames.gal.

O sábado 19 de febreiro continúa o programa “Inverno de chocolate” da Aula da Natureza, dirixido á rapazada dos 6 aos 12 anos. Nesta quenda, a rapazada participante creará máscaras cunha enorme variedade de material natural, como paus, palla, landras, ourizos, cascas ou herbas. A proposta desenvolverase de 11:00 a 18:00 horas na Aula da Natureza, e contará con servizo de autobuses. Para inscribirse nas 25 prazas dispoñibles, cómpre enviar a ficha de inscrición ao enderezo electrónico auladanatureza@concellodeames.gal.

Este sábado 5 de febreiro comeza a primeira actividade do programa “Inverno de chocolate” da Aula da Natureza, dirixido á rapazada dos 6 aos 12 anos. Co gallo da celebración da festa da luz ou das candeas o 2 de febreiro, os participantes farán farois seguindo a tradición e coñecerán os ritmos da natureza. A proposta desenvolverase de 11:00 a 18:00 horas na Aula da Natureza, e contará con servizo de autobuses. Para inscribirse nas 25 prazas dispoñibles, cómpre enviar a ficha de inscrición ao enderezo electrónico auladanatureza@concellodeames.gal.

O Concello de Ames participa novamente na iniciativa “Móllate polos ríos”. Coordinada pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA), a actividade consiste na limpeza simultánea de lixo en distintos ríos e regatos de Galicia. Dende a Concellaría de Medio Ambiente e Rural convídase á veciñanza amesá a participar desta iniciativa, que se desenvolverá este domingo, 24 de setembro, a partir das 10:30 horas, facendo unha limpeza dos regos do Ameneiral e Pasos. Para inscribirse nesta actividade hai que enviar a ficha de inscrición ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal

Para as persoas a partir dos 16 anos ofértanse dous talleres de arte floral na Aula da Natureza, impartidos por Beate Méndez, de Florifarma a través da asociación ASVINOR, ambos das 17:00 ás 19:00 horas. O primeiro obradoiro, relacionado co adorno de portas, impartirase o 27 de novembro.

Para as persoas a partir dos 16 anos ofértanse dous talleres de arte floral na Aula da Natureza, impartidos por Beate Méndez, de Florifarma a través da asociación ASVINOR, ambos das 17:00 ás 19:00 horas. O segundo obradoiro, centrado na elaboración de ramos, terá lugar o 11 de decembro.

Para a rapazada entre 6 e 14 anos, realizarase o 4 de decembro un taller con obxectos da natureza, enfocado á preparación dun Nadal sostible. A actividade, que se realizará pola mañá, terá autobuses de ida e volta dende a Casa da Cultura do Milladoiro, ás 10:30 e ás 13:45 horas, e dende o Pazo da Peregrina de Bertamiráns, ás 10:45 e ás 13:30 horas.

A Aula da Natureza organiza para o mes de marzo unha nova actividade, un obradoiro de cestería que será impartido por Julia da Cal, creadora do atelier de deseño, artesanía e excentricidades de La Parabólica. A primeira quenda deste taller terá lugar o sábado 4 (en horario de 11:00 a 13:30 horas e de 16:00 a 19:00 horas) e o domingo 5 (de 11:00 a 13:30 horas). O día 4 todos os que o desexen poderán quedarse a comer nas instalacións da Aula da Natureza. As persoas que queiran anotarse deben enviar a ficha de inscrición ao enderezo electrónico auladanatureza@concellodeames.gal. Haberá unha segunda quenda desta actividade os días 11 e 12 de marzo.