- Enderezo: Praza do Concello, nº 2, Bertamiráns.
- Teléfono: 981 88 30 02
- Horario de atención ao público:
- De luns a venres, en horario das 9:00 ás 14:00 horas.
- Responsable municipal: Concellaría de Promoción Económica
Pestanas principais
Departamento de Promoción Económica e Emprego
Servizos e programas
Novas do departamento
A Concellaría de Promoción Económica fai balance das actuacións que puxo en marcha nos dous últimos anos que estiveron marcados pola pandemia da Covid-19. Deste xeito, durante os dous últimos anos xestionou preto de dous millóns de euros para dinamizar o sector comercial e empresarial de Ames co obxectivo de paliar a crise económica derivada da pandemia. Concretamente xestionouse a contía de 1.979.556 euros, dos cales 666.038 euros foron achegados pola Deputación da Coruña (200.000 euros para adquisición do local do coworking A Proa e 466.038 euros da liña de axudas do PEL Reactiva) e o Concello investiu arredor de 1.313.518 euros de fondos propios).
Este venres, 23 de outubro, celebrouse de forma extraordinaria e urxente a comisión informativa permanente de economía e facenda e especial de contas para abordar a derrogación da ordenanza fiscal que regula a taxa por instalacións de postos, barracas, casetas de venda, espectáculos, atraccións ou recreo situados en terreo de uso público municipal, así como industrias na rúa e ambulantes do Concello de Ames. A aprobación provisional da derrogación de dita ordenanza foi ditaminada favorablemente. O obxectivo do Goberno municipal é derogar dita ordenanza para que os vendedores ambulantes poidan afrontar a crise económica provocada pola pandemia da Covid-19.
O Concello de Ames e maia Deputación da Coruña asinaron esta mañá un convenio para a adquisición dun inmoble, situado no polígono industrial do Milladoiro, que será usado como espazo de traballo colaborativo e que terá como finalidade ampliar os servizos de apoio a iniciativas emprendedoras, proxectos empresariais ou iniciativas de autoemprego, con especial atención ao sector audiovisual. Segundo se recolle no texto do convenio, a Deputación cofinanciará algo máis do 35% dos custes do local, cunha achega de 200.000 euros.
O alcalde de Ames, Blas García, e mailo presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, asinaron hoxe o convenio de colaboración polo que a Deputación aportará 160.000 euros, o 80% do orzamento total do proxecto, mentres que o Concello de Ames achegará 40.000 euros, o 20% restante. Deste xeito, a Deputación da Coruña e o Concello de Ames investirán, de xeito conxunto, 200.000 euros para a creación do ‘Ames AudioVisual LAB’, un laboratorio de aceleración de proxectos audiovisuais que busca impulsar a produción, fomentar o talento emerxente e dinamizar o importante tecido produtivo do sector audiovisual no municipio.
O alcalde de Ames, Blas García, visitou xunto á concelleira de Promoción Económica, Ana Paz, e ao concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Gustavo Nieto, as instalacións da empresa A Emotional Light, situada dende 2018 no parque empresarial do Milladoiro. Trátase dunha empresa punteira no sector do deseño e fabricación de luminarias artesanais. Todo o proceso, dende a transformación dos materiais ata a obtención do produto final, faise a man, dándolle valor ao deseño da luminaria. Cada produto é singular e único e está pensado para iluminar espazos, persoas e momentos. Venden as súas creacións en máis de 60 países. O 85% da súa produción é exportada ao mercado internacional (países europeos, Estado Unidos, suroeste asiático, etc.).
O alcalde de Ames, Jose Miñones, e maila concelleira de Promoción Económica e Emprego, Ana Belén Paz, mantiveron unha xuntanza con Alberto Campos, director de operacións, e Berta Caro,directora de desenvolvemento corporativo e responsabilidade social corporativa de Tecalis. En dito encontro os representantes da empresa amesá, Tecalis Innovación, situada no parque empresarial Novo Milladoiro, comunicáronlle ao Concello que lle van ceder, de forma gratuíta, unha aplicación para impulsar o comercio de Ames. Trátase dunha aplicación con tecnoloxía innovadora para a xestión de citas dos clientes nos establecementos comerciais de todo o concello, evitando as colas e a exposición directa e a interacción innecesaria con outras persoas.
A Asociación Europea de Economía e Competitividade concedeu á empresa tecnolóxica amesá Tecalis o Premio Europeo á Xestión e Innovación Empresarial 2019. A distinción recoñece ás empresas máis representativas que apostan pola busca de novas fórmulas de innovación empresarial. Ademais a empresa, que naceu no ano 2011, foi posta fai uns meses no lugar 145 das 1.000 empresas que máis crecen en Europa.
A escola de danza santiaguesa Balancé representará “Mary Poppins: El musical” na Casa da Cultura de Bertamiráns en dúas galas benéficas en beneficio das fundacións Aladina e UCIM. As actuacións serán o 23 de decembro de 2023 e o 3 de xaneiro de 2024, ás 20.00 horas. As entradas para a primeira actuación están esgotadas, pero aínda poden mercarse para a función do 3 de xaneiro no local da academia Balancé e a través do teléfono 616 83 59 38.
Este sábado 12 de novembro, ás 17:00 horas, a cancha deportiva situada na praza de Chavián, en Bertamiráns, acollerá, coa colaboración da Xuntanza de Empresarios de Ames e a Concellaría de Promoción Económica de Ames, a actuación dun grupo de rapaces e rapazas barceloneses que levan proclamándose campións de España deste deporte durante once anos consecutivos e campións do mundo nas últimas nove edicións.
Os veciños e as veciñas de Ames terán que agardar a que o tempo dea unha tregua para gozar de Pepo Suevos, Fátima Pego e Josep Ruíz na “Fase Festa” programada polo AmesON para este xoves 5 de agosto.
- ‹ anterior
- 4 de 56
- seguinte ›
Trámites do departamento
Eventos del departamento
A Unión de Consumidores de Galicia vai impartir o xoves, 17 de novembro, ás 20.00 horas, unha charla para tratar de entender a factura da luz. A charla impartirase na Casa dos Maiores do Milladoiro. Esta actividade enmárcase dentro do acordo que teñen asinado o Concello de Ames e a Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL). A través desta xornada facilitaráselle aos consumidores e usuarios amesáns unha mellor comprensión en materia de subministración eléctrica.
A Unión de Consumidores de Galicia vai impartir o mércores, 14 de decembro, ás 20.00 horas, unha charla para tratar de entender a factura da luz. A charla impartirase no salón de plenos da Casa do Concello, en Bertamiráns. Esta actividade enmárcase dentro do acordo que teñen asinado o Concello de Ames e a Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL). A través desta xornada facilitaráselle aos consumidores e usuarios amesáns unha mellor comprensión en materia de subministración eléctrica.
Coches a pedais en Milladoiro e Bertamiráns
Milladoiro e Bertamiráns acollen este sábado a actividade de Coches a pedais.
Os horarios e os espazos nos que se instalará o circuíto son os seguintes:
Milladoiro: Praza de Manuel Murguía entre as 12:00 e as 14:00 horas.
Bertamiráns: Rúa do Ameneiral ntre as 18 e as 20 horas.
A actividade é de balde.
Poden participar rapaces e rapazas de entre 6 e 12 anos.
A Praza de Manuel Murguía, acolle hoxe, ás 18:00 horas a actuación de Paco Nogueiras.
O concerto do grupo amesá “As Maianas”, programado para este próximo luns 27 de decembro, ás 18:00 horas, na praza de Manuel Murguía do Milladoiro, quedou suspendido por mor do confinamento dalgunhas das súas compoñentes. No seu lugar, volverá a actuar Paco Nogueiras, na mesma data, hora e lugar, tras o éxito do seu espectáculo "Extra", celebrado en Bertamiráns este pasado mércores.
O concerto enmárcase dentro do Programa Ameson que organiza a Concellaría de Promoción Económica coa intención de dar vida ás rúas de Ames no tempo de Nadal e, consecuentemente, promover as compras no comercio local.
O espazo colaborativo “A Proa” organiza o próximo mércores 19 de outubro, ás 17:30 horas, un taller de iniciación ao portugués. No obradoiro ensinaranse conceptos básicos sobre a lingua portuguesa, e perfilaranse as persoas que asistan para crear máis talleres similares adaptados ás súas actividades profesionais. A coworker Kika de Andrade, doutora en Educación pola Universidade de Santiago de Compostela, será a encargada de impartir a sesión. A inscrición para esta actividade pode realizarse de balde premendo nesta ligazón.
O espazo colaborativo “A Proa”, situado na rúa das Hedras, na entrada do parque empresarial Novo Milladoiro, continúa co seu ciclo de actividades. Este xoves, 24 de novembro, ofrecerase a actividade “Wordpress en acción”, un taller práctico para emprendedores no que os participantes poderán aprender a configurar unha páxina web básica. Será ás 12:00 horas no espazo do coworking, e estará impartido pola deseñadora web Luján Kubrusli.
O espazo de coworking A Proa, no Milladoiro, organiza o mércores 14 de decembro un novo evento. Desta volta trátase dun taller sobre a xestión do estrés no emprendemento, que será impartido por Eva Villar. Terá lugar ás 12:00 horas no local do centro A Proa. A entrada é de balde, e os interesados en asistir poden inscribirse premendo nesta ligazón.
O espazo de cowoking A Proa, no Milladoiro, organiza para o vindeiro xoves 16 de febreiro o taller “Mínima legal viable”, que versa sobre as esixencias legais coas que deben cumprir as persoas emprendedoras, e que será impartido polo avogado José Sendín. Terá lugar ás 12:00 horas, no local do centro A Proa. A entrada é de balde, e os interesados en asistir poden inscribirse premendo nesta ligazón.
A comisión de festas de Bertamiráns, en colaboración co Concello de Ames e coa asociación Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA), organiza unha festa do magosto que se desenvolverá o sábado, 19 de novembro, na praza da Maía, en horario de 17.00 a 20.00 horas. Haberá castañas de balde e música a cargo do grupo A requinta da Maía e do dúo Eva e Camilo.
O martes 8 de agosto, ultimo día das festas da Madalena, haberá dúas grandes actuacións. Ás 22.00 horas, no paseo da Igualdade, ao carón da Casa da Cultura do Milladoiro, actuarán seis anos despois os Heredeiros da Crus. A mítica banda de rock do Barbanza formada a comezos dos anos 90 volve a ofrecer un concerto no Milladoiro despois de estar no Millarock de 2017. De seguido, ás 23.00 horas pechará as festas do Milladoiro a orquestra Charleston Big Band na explanada que se atopa ao carón da Travesía do Porto e onde está situada a área de autocaravanas.
- ‹ anterior
- 4 de 19
- seguinte ›